Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

O ADN: a última fronteira do morbo

“Factor ADN” (Telecinco, 00 h.)

Sociedade 28/07/2009
  Envía a túa opinión

Nunca hai que menosprezar o esforzo de Telecinco por afondar na análise posmoderna da relación do espectador coa televisión de entretemento. Nunha carreira na que non se albisca final e que só co paso dos anos recibirá a consideración que merece por parte da comunidade científica, a canle amiga somete á súa audiencia entregada a un experimento que procura detectar os límites do bo gusto e a capacidade do ser humano para aturar groserías. A Telecinco haberalle que atribuir, cando se produza, a liquidación da ficción como xénero: a ninguén parécenlle importar xa os romances, os dramas, as risas ou as bágoas propios do cine ou o teatro, habendo na pantalla romances, dramas, risas e choras de cidadáns anónimos que nos ofrecen, xenerosos e impúdicos eles, a súa miseria no salón mesmo da nosa casa. E cando pensabamos que non había máis que ensinar, chega “Factor ADN”.


Detective e mamá: conciliación laboral en prime time

“Los misterios de Laura” (TVE, 22 h.)

Sociedade 27/07/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Ás veces, por descansar durante a fin de semana, un perde de falar do mellor que é que capaz de producir a televisión. Dáslle ao boton de off e pérdeste como Pipi Estrada lle patea a cabeza a Jimmy Giménez Arnau no chan porque este contou as miserias do matrimonio do xornalista cunha actriz porno. Deteñámonos na cuestión, que parece unha liña de guión de Tarantino: Pipi rebéntalle os miolos a Jimmy a couces. Leo hoxe a prensa e ademais vexo a Risto, tenro como un pan de molde, que se espiu sentimentalmente en “La Noria” ou a María Teresa Campos chorando unha vez máis nas portadas porque di que Ana Rosa lle roubou a pelota coa que xogaba no patio do recreo. Hai tanta cousa estrafalaria que de cando en vez a un abondaríalle cun pouco de televisión “amable”. Xusto iso é o que promete a nova serie de Televisión Española.


O Noso Alberto

“Especial informativo: Alberto Núñez Feijóo” (TVG, 21.15 h.)

Institucional 24/07/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

O columnista de prensa Antón Losada chámalle O Noso Alberto, non con pouca retranca, pero evidenciando esa relación case familiar ou de síndrome sueca que boa parte dos galegos e galegas desenvolvemos cos nosos líderes políticos. Podemos falar de relacións paterno-filiais: con Don Manuel eramos como fillos que gustaban de sentar no colo do gran patrón; a Touriño faltoulle tempo para facerse querer e houbo a quen lle amolou que dese o amor por confirmado sen pedirnos opinión con aquel alcume, “O Presidente”, que o levou a mal traer durante a campaña electoral perdida; e a Núñez Feijóo, máis noviño que os anteriores e solteiro de casamento, que non de obra, hai quen o quere adoptar. El non dubida en deixarse querer para ser ese O Noso Alberto, e se é preciso, como esta noite, mesmo suplanta ao tótem pangalaico que máis adoración esperta: Xosé Ramón Gayoso.


Don't mess with The Hoff

“El coche fantástico” (TVE, 22 h.)

Sociedade 23/07/2009
  Envía a túa opinión

Como o metro. Se tivesemos que procurar unha vara universal de medir que contabilizase a evolución da televisión, eu propoño un novo referente, o hasselhoff. Así, se un quixera saber en que tempada vai unha serie determinada, poderiamos responder: “No cuarto hasselhoff”. De igual modo, cando nos preguntasen se nos gustou un novo programa de estrea, cabería dicir, “Uy, nadiña, quédanlle dous hasselhoffs”. Celebrariamos así a fama global dese actor que quería ser cantante de éxito e só vendeu discos en Alemaña, pero cuxo traballo televisivo deixou fonda pegada nos últimos trinta anos da historia catódica.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros