Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 26 de Maio de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Audiencia, vinde a min!”

“Los últimos 20 metros” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 22/07/2009
  Envía a túa opinión

A noite non é para pensar, a noite é para actuar. Ese consello dállo o amigo ligón ao tímido que non se atreve a saudar á rapaza que lle gusta, ofrécello o xefe da banda de ladróns aos cacos temerosos de que apareza a policía xusto cando asaltan a xoiería e tamén é o que nos din os programadores da televisión aos espectadores: máxima acción, mínima actividade cerebral. Serán cousas dos horarios metabólicos, das fases REM do sono ou de sesudos estudos de audiencia, pero alguén nas televisións concluiu que os concursos de preguntas e respostas como “Saber y ganar” ou “Pasapalabra” só funcionan despois de comer ou polo serán. Preguntas e respostas hai no concurso que estrea Antena 3 esta noite, pero tamén trompadas, porque non se fían do noso poder de concentración nocturna.


O mellor produto de OT

“Operación Triunfo 2009: final” (Telecinco, 22.30 h.)

Sociedade 21/07/2009
  Envía a túa opinión

Brenda, Jon e Mario. Vostedes coñécenos? Eu tampouco. Telecinco, inesgotable factoría de ideas, ven de idear outro novo xénero televisivo: o concurso sen concursantes. Hai dúas ou tres edicións que “Operación Triunfo” deixou de ser un certame de aspirantes a estrelas da canción e calquera dos finalistas dunha edición que non fose a pioneira gozou de menos exposición mediática que o último corte de rizos de Bisbal. Se o programa non desapareceu hai xa varios anos foi porque Gestmusic deu cun filón catódico chamado Risto Mejide, provocador profesional e ovella negra nese paraíso impostado como de anuncio de compresas, apertas e mellores amigos da alma coñecidos hai tres días que era a Academia.


Hermida, o lunático de referencia

“Regreso a la luna” (TVE, 22 h.)

Sociedade 20/07/2009
  Envía a túa opinión

Non é que a min me chistase moito a chegada do home á lúa. Si que me gusta o satélite, inesgotable obxecto poético e fonte de inspiración. Á influencia da lúa sobre o ser humano lle debemos a invención do lobishome; algunha obra de Verne; outra de Méliès; e unha manchea de cancións excelsas como “Fly me to the moon”, “Man on the moon”, “The killing moon” ou, sobre todas elas, “Moon River”. Así que, postos a romper o misterio e poñer o pé sobre o asteroide, mellor que servise para algo.


Vaia pelassso!

“¿Dónde estás corazón?: Tito Jackson” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 17/07/2009
  Envía a túa opinión

Sempre hai novas perspectivas sobre o asunto da morte. Eu coidaba que mortos xa non somos nada e á xente lle interesamos ou nos recorda por cando realmete eramos algo, cando estabamos vivo. Pero, como en toda regra, hai excepcións. O noso corpo friame interesa máis que calquera lembranza nosa para os traballadores das empresas funerarias: para eles son máis valiosos os nosos ósos e carnes podres que o álbum das glorias vividas. O gusto dos enterradores e verdugos tan só o comparte unha profesión máis: o xornalismo amarelo. Foi algunha vez “¿Dónde estás corazón?” un programa con interese na música: pois resulta que si se ao cadáver de Michael Jackson aínda non lle marchou o frío.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros