Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Oficinas do mundo, mirádevos no espello!

“Camera Café” (Telecinco, 21.30 h.)

Sociedade 16/07/2009
  Envía a túa opinión

Escribo estas liñas pola mañá, máis cedo do que quixera, cun caldo quente de dubidosa composición química flotando nas tripas e que provoca unha involuntaria relaxación dos esfínteres. O mesmo trago deixoume a boca seca como o esparto e un proído na lingua que fai ao Listerine parecer limonada. Pero ao mesmo tempo, o meu matinal café de máquina automática recolleume as pálpebras como se recollen as persianas e, arriscando unha úlcera e unha halitose perenne, deume os azos precisos para seguir coa xornada laboral. Eu diante dese expendedor mecánico que Juan Valdés e o seu burro cafeteiro considerarían unha abominación só podo poñer cara de medo, temeroso do grolo inmundo pero necesario como o era o aceite de ricino. Pero hai a quen esa máquina o estimula, e non cafeinicamente, senón intelectualmente. Velaí está “Camera Café”, a serie de Telecinco, que cumpre 500 capítulos.


Foiche dun pelo!

“Comando Actualidad: Pobre de mí” (TVE, 22 h.)

Sociedade 15/07/2009
  Envía a túa opinión

Andan os veciños de Compostela con dor de cabeza por culpa dos tractores que, para que non seque o teto da vaca leiteira, se manifestan pola estrada. Fálase de caos, pero postos a escoller non sei se non preferiría ter unha cidade tomada por vehículos lentos que por centos de miles de corpos e cerebros lentos, que así deambulan, suando kalimotxo os mozos e non tan mozos pamplonicas de orixe e de adopción durante as festas do San Fermín. Das pasaxes bíblicas temos representacións actualizadas de cando en vez: as catástrofes naturais son como os andazos sobre Exipto, as fichaxes de Florentino Pérez tal parecen un advenimento celestial e, postos a parodiar Sodoma e Gomorra, velaí están as non moi pías festas navarras.


Todos contra o lume, ti o podes evitar

“A Caixa Negra: Arde Galicia” (TVG, 23.50 h.)

Sociedade 14/07/2009
  Envía a túa opinión

Lin algunha vez nalgures que os pirómanos experimentan unha paixón semellante á sexual cando conseguen prender lume e deléitanse admirando o sensual contoneo das lapas. Cousas dos baixos instintos, que lle din, pero cabe formularse se non será máis comprensible ese fetichismo exarcebado polas chamas que outros instintos soterrados e moito máis reprobables que os sexuais, como a vinganza, a cacería por deporte ou a codicia económica, xa sexa por vía urbanística ou madereira. Estes últimos motivos están entre os que investiga o programa de documentais da Televisión de Galicia “A Caixa Negra” nunha edición que leva por título “Arde Galicia”.


“E ou meu kimono? Kiáaaaaaa!”

“El nuevo Karate Kid” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 13/07/2009
  Envía a túa opinión

Dos erros apréndese e ninguén está libre de cometelos. Esta é unha afirmación universalmente estendida: en parte porque algo de razón leva e, en parte e sobre todo, porque como autoxustificación non ten prezo. Exemplos hainos por todas partes. Mesmo eu, se algún día chego a gañar o Nobel de Literatura, ou o Pulitzer de xornalismo, ou o Míster Universo polo hercúleo do meu peito, terei que render contas por estes comentarios televisivos nos que esbardallo sen moito xeito. Chegará o momento de somerteme ao escrutinio popular (“Este Manuel, moito Nobel e moita leria, pero mira o que facía cando era máis novo”) e entón botarei man do dito: “Dos erros apréndese”. Para o caso, tamén temos a Hillary Swank.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros