O Barallobre visita o campo municipal de Mourente en Valdoviño. Trátase do último clasificado do grupo cuarto B da Segunda Autonómica. O Barallobre reza para que non chova nestes dias porque se hai moita auga o terreo de xogo ponse impracticable. O partido xogaráse este domingo ás cinco da tarde. Arbitra Álvaro García.
A liga de chave de Ferrolterra comeza este sábado. Participan trinta e un equipos con cento trinta xogadores encadrados en tres divisións. Estrearase unha cancha ubicada no parque Rosalía de Castro de Perlio. Xogarán alí as equipas do Lar de Kike e As Píntegas. O regulamento da chave establece ademáis sancións para os que tiran os pellos "a rebolo", coma quen lanza unha pedra. Disputan a Primeira División da chave tres equipos de Fene, tres de Ferrol, dous de Mugardos, un de Narón e un de Ares.
Van doce partidos xogados desta fase da Liga da Segunda Autonómica de fútbol, e o Galicia de Caranza ainda non coñece a derrota. Figura na segunda posición, a tres puntos do Cultural Maniños. “A nosa principal fortaleza é o vestiario” afirma o adestrador Angel Porto, coa fachenda de ter un grupo de rapaces que aspira e está logrando darlle continuidade ao equipo da Liga Nacional xuvenil.
O Cultural Maniños depende de sí mesmo nesta segunda volta da Liga da Segunda Autonómica de fútbol. Poderíase dicir que o Maniños é o principal adversario do Maniños. Lidera a clasificación con 31 puntos e lévalle tres e ventaxa ao segundo, o Galicia de Caranza, e catro ao terceiro o Deportivo Narón. A próxima xornada visita o Pote o Cariño, sexto con dezanove puntos. O directivo do Maniños Alfredo Fernández lembra que xa se enfrontaron co Cariño en duas ocasións nesta tempada. Gañaron os do Pote pola mínima e sofrindo moito.