Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Roibén de chumbo e pólvora sobre Gaza

“Documentos TV: Borrados del mapa” (La 2, 23.05 h.)

Sociedade 30/06/2009
  Envía a túa opinión

Se aquí todos os días falamos un pouquiño da televisión e dicimos que a caixa con pantalla, agora plana como absorbente compresa, é o medio de masas máis influinte, é, nin máis nin menos, porque vivimos nunha cultura visual por enriba de todas as cosas. Preferiríamos perder calquera outro sentido antes que o da vista, porque temos a intuición de que só estamos cos pés na terra grazas a el e nada saberiamos do mundo e da vida sen os ollos ben abertos. “Ver para crer” ou “se non o vexo non o creo” son dous refráns dos de toda a vida que certifican tamén unha das nosas traxedias: as máis das veces somos impermeables ao que se nos conta se non se filma previamente. De tan resabidos como nos volvemos, preferimos non confiar en feitos incribles, infidelidades ou outros acontecementos extraordinarios se só nolos contan de palabra: queremos probas. Pois ás veces as probas son duras de tragar. Velaí está o documental “Borrados del mapa” que nos vai explicar aos máis cínicos o que pasa na faixa de Gaza por se non nos abondaba coas crónicas xornalísticas.


“Que me dis? Que marcho de vacacións?”

“Matalobos” (TVG, 22.20 h.)

Sociedade 29/06/2009
  Envía a túa opinión

Agora que andamos metidos no debate de se o idioma galego serve para cantar as corenta en bastos na partida de tute no bar, pero non para examinarse como médico do Sergas; ou que discutimos se está ben para facer a poxa na lonxa pero non tanto para aprender as matemáticas na escola, a Televisión de Galicia vén de facer unha constatación preocupante: o galego serve para o mundo do crime. Remata esta noite “Matalobos”, un thriller policiaco-sentimental en forma de serie que comezou case paródico, pero que acabou resultando tremenda e preocupantemente verosímil.


Paisaxe do século XX

“Versión Española: ‘Santiago Carrillo: comunista” (La 2, 21.50 h.)

Sociedade 26/06/2009
  Envía a túa opinión

Paisaxe é un termo amplo que nos trae á cabeza a imaxe dunha fraga vizosa e ateigada de árbores ou dun solpor caendo sobre unha praia deserta. Mais non é a natureza a única que ten o copyright sobre a construción de paisaxes. As persoas tentamos construír as nosas, as máis das veces con pouco acerto: as mellores das nosas creacións paisaxísticas son eses skylines das grandes metrópoles, moreas de rañaceos competindo en altura, tapándonos a vista de todo o que non sexa cemento, e sometidos baixo unha nube perpetua de lixo en flotación. O que si facemos mellor as persoas é erixir algo así como “paisaxes sentimentais”: somos capaces de tecer redes de afecto mesmo con quen non coñecemos ata que acabamos sentindo que sempre estarán aí, inamovibles como a paisaxe natural. A morte de Michael Jackson aféctanos en maior ou menor medida –dende a simple sorpresa ata o pranto nalgún caso- porque “estaba aí” de sempre, como un elemento paisaxístico. Dentro desa postal do noso tempo tamén figura Santiago Carrillo, a quen se lle dedica esta noite o programa “Versión Española”.


Patricia ou a pornografía das miserias íntimas

“Estás invitado” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 25/06/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

O pudor é unha construción humana que nos protexe de nós mesmos. Un profesor da facultade teorizaba unha e outra vez sobre a importancia capital desa vergoña matizada que exerce de dique de contención nas relacións humanas. Os estudantes non sempre prestamos a atención debida, pero co paso do tempo un acáballe dando a razón a algunha das vellas leccións. Os códigos civís do dereito deberían se cadra abrir algún novo capítulo que regulase o dereito á exhibición. Creo sinceramente que non é tan lesivo para o equilibrio mental a apertura sorprendente dunha gabardina que deixa os xenitais a exposición pública como outro tipo de exhibicionismo: o das intimidades sentimentais máis atroces que, con alegro e sen aprehensión ningunha, se vomitan ante as cámaras de televisión, e non por denuncia, senón por espectáculo. Dúas mil sesións de confesionario atroz leva “El Diario” de Antena 3, que o celebra cunha gala especial chamada “Estás Invitado”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros