Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Elvis vive!

“El Hormiguero: Chris Isaak” (Cuatro, 21.30 h.)

Cultura 24/06/2009
  Envía a túa opinión

Hai coincidencias que lle fan a un rascar ensimesmado na cabeza durante un bo rato. Procurando a data dun aniversario en internet, topei co día do aniversario de Chris Isaak, que está para cumprir 53 anos. Moitos me pareceron, porque o home tivo sempre a mesma estampa aos 30, aos 40 e aos 50: semella un póster de Elvis Presley que respira, co topete e a brillantina sempre fixos no seu sitio. Había moitos anos que non reparaba en Isaak, cantante, actor e mesmo estrela da televisión no seu país. Fíxome sentir un pouco mal, porque aínda conservo algunha cinta de casete coas súas cancións e porque, durante a miña adolescencia, eu quería ser el. Aínda nostálxico, abrín hoxe o periódico e descubrín que anda de promoción co seu novo disco, “Mr. Lucky” (“Señor Afortunado”) e para iso para esta noite en “El Hormiguero”, o programa presentado por Pablo Motos en Cuatro.


O seu era que Ginés fixera un cameo na serie

“El Bloke. Coslada Cero” (TVE, 22.30 h.)

Sociedade 23/06/2009
  Envía a túa opinión

Baseada nunha suposta trama de corrupción policial, cóntase na publicidade. Pois para ser tan só “suposta”, danse moitas cousas por sabidas e seguras en “El Bloke. Coslada Cero”, outra destas novas miniseries –sen dúbida a revelación televisiva do último ano- que eu chamo do xénero de “cadáver quente”. Aínda non deixou de saír a nova do mundo real nas portadas da prensa e xa se están a escribir as últimas liñas de guión da ficción televisiva. Desta volta, o estado de sitio policial que implantara na súa vila o xefe da Policía Ginés Jiménez coa conivencia dos seus subordinados, e que lle valera o xa dabondo cinematográfico alcume de “Sheriff de Coslada”, transfórmase nun serial de dous episodios.


“Vén, ghuapo, que che fago prezo por ser para ti!”

“La gran oportunidad” (Antena 3, 00.30 h.)

Sociedade 22/06/2009
  Envía a túa opinión

Un signo dos tempos, iso é o novo programa de Antena 3. Non hai tanto que estrelas de Hollywood aturaban a compañía de Ana Obregón e os chistes de Ramón García en “¿Qué apostamos?”, un dos grandes exemplos do luxo e o despilfarro que levaron ao endebedamento á canle pública, ou que se realizaban outros shows con grandes investimentos e contratacións nas canles privadas, dende a época das Mama Ciccio ata a das exclusivas do corazón. Pero a crise económica, como a sombra dunha peste que se espalla polo aire sen que nos decatemos, chegou tamén aos dispendios televisivos. O último que eu esperaba ver na televisión é un rastrillo, un feirón deses dos de fin de semana de moitas vilas galegas e, pouco máis ou menos, iso é “La gran oportunidad”, o espazo quincenal que debuta esta noite.


Smith, como a Pantoja: '¡No me vas a grabar más!'

“Enemigo público” (TVE, 22 h.)

Sociedade 19/06/2009
  Envía a túa opinión

Diciamos onte, falando das redes sociais, que estas serven para deixar un rastro de nós en internet a disposición tanto dos que queremos que nos sigan como dos que odiamos que nos persigan. O uso das novas tecnoloxías nunha rede global deixa pegadas polas que non nos preocupamos ata que se nos dá por pensar que alguén as pode rastrexar. A intimidade, e Isabel Pantoja e tantas outras celebridades estarán comigo, é un dereito que cotiza á baixa dende que hai videocámaras de vixilancia instaladas en cada recanto e dende que a falta de pudor sacou a Marta Chávarri coas pernas sen cruzar na portada do Interviú. Hainos que non temen ao exhibicionismo, pero este é tolerable cando controlas o que queres ensinar, e non cando non sabes quen te mira. Arredor desta idea, que devén en paranoia, o cine americano ten construído algunhas cantas películas. Esta noite, emítese unha delas en TVE: “Enemigo Público”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros