Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Facebook: o autorretrato da era dixital

“Redes sociales, quiero ser tu amigo” (Cuatro, 00.05 h.)

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

Acórdame de ver nunha feira do libro antigo e de ocasión un volume chamado “Como facer amigos e ter influencia na xente”. Eu teño algo de fe nos manuais de cociña e bricolaxe para superar algunhas das miñas limitacións, pero gardo moita menos confianza para os libros de estilo das relacións sociais: supoño que se te presentas diante de alguén e recitas como un loriño de repetición todo o aprendido nun libro coa mesma tensión do estudante que non quere esquecer a lección, aquel co que tentas relacionarte pensará que tentas pasar un exame oral con el e non facer unha amizade. Pero aqueles manuais, cando menos requirían un propósito firme e un obxectivo concreto en forma de amigo. Agora, grazas a internet, crear vencellos é como tirar unha mensaxe nunha botella e agardar a que alguén a recolla.


Jack ou o 'robinsón' posmoderno

“El hormiguero: Matthew Fox” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 17/06/2009
  Envía a túa opinión

Se Robinson Crusoe e Venres tivesen unha viaxe de ácido lisérxico e puidésemos coñecer o que acontecía nas súas cabezas durante o delirio, se cadra así poderiamos ter unha intuición do que é “Perdidos”, un melodrama televisivo que se enrosca sobre si mesmo desde hai cinco tempadas e que, calquera que non forma parte do culto, pensa que se resume marabillosamente no título: ninguén sabe o que pasa nin a onde pensan ir os protagonistas.


Georgie, o Rei Sol, na súa corte

“Los Mejores Años: la canción del verano” (TVE, 22 h.)

Cultura 16/06/2009
  Envía a túa opinión

Aserejé ja de je de jebe tu de jebere seibiunouva majavi an de bugui an de güididípi. Vrei sa pleci dar nu ma, nu ma iei, nu ma, nu ma iei, nu ma, nu ma, nu ma iei. Chipul tau si dragostea din tei, mi-amintesc de ochii tai. Ay, morena brasilera muchachita de Ipanema cuando bailas en el carnaval tu suave meneíto me produce tal gustito que me pone el corazón a sudar. Mueve tu cucu, mueve tu cucu, mueve tu cucu, mueve tu cucu. Bailamos cachete con cachete, juntamos pechito con pechito, movemos ombligo con ombligo y si nos gusta juntos todos lo seguimos. Na, na, na, na, na, na, na, na, na, rumore, rumore. Opá, yo vi acé un corrá, pa esha gallina, y pa esha minino. Opa, yo vi acé un corrá, pa esha perdice, y esha pajarillo. Opa, yo vi acé un corrá, pa esha guarrilla, y pa esha guarrillo. Opa, yo vi acé un corrá, pa esha una potra, ¡ay! con su potrillo. ¡Qué ricos los chorizos parrilleros! ¡Qué ricas las salchichas a la brasa! ¡Qué buenas las chuletas de cordero! La barbacoa, la barbacoa. Cómo me gusta la "barbekiú". La barbacoa, la barbacoa. Cómo me gusta la "barbekiú".


Apocalípticos, pero integrados, que diría o outro

“Impact” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 15/06/2009
  Envía a túa opinión

Incapaces de racionalizar o misterio da nosa orixe, ás persoas gústanos fabular coa adiviñación do noso final. As respostas ás preguntas de quen somos e de onde vimos non resultan de ningunha conexión dese número minguante de neuronas do noso cerebro e que imos rebaixando con cada noite de festa, pero sóbranos medio hemisferio para discorrer fatalidades varios cos que aventurar a fin do mundo: grazas a ese medo creamos centos de relixións diferentes que pretendemos que nos salven no momento en que a alguén lle dea por apagar a luz. Pero baixo tanto relato da apocalipse, o que se agocha semella un catálogo de escusas para non render contas pola destrución do planeta.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros