Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O matrimonio trouxo a Galicia o espectáculo “Yellow Pony”

Reed e Anderson agasallan rock’n’words no Obradoiro

Cultura 13/07/2009
  Envía a túa opinión

Amainou o trebón cando a Berenguela repenicou ás dez da noite. A tormenta que deixou Santiago pingando durante toda a tarde transplantouse dende o ceo ata o escenario en forma de cuncha instalado na praza do Obradoiro e alí a fixeron música e palabra Laurie Anderson, Lou Reed e Suddarht Calhoun. Tal e como se anunciara, o espectáculo nada tivo que ver co que puidera agardar un fan ortodoxo do antigo líder de The Velvet Underground. Un monitor con subtítulos para traducir os textos das cancións e dos monólogos e unhas enormes pantallas para recoller en plano detalle os acenos cos que os músicos conducían a improvisación das voces e instrumentos mil veces retorcidos pola electrónica dan conta de que o da noite do domingo foi tan experiencia como concerto.


Xaquín Marín é un dos máis conspícuos defensores da lingua galega

Gañar unhas eleccións non autoriza a destruir o galego

Sociedade 12/07/2009
  Envía a túa opinión

Unha Iniciativa Lexislativa Popular en favor do idioma galego é unha das propostas que barallan os promotores do manifesto en defensa do consenso lingüístico. Antón Baamonde, Manuel Bragado e Xabier P. DoCampo impulsaron un documento que reuniu máis de 1.300 sinaturas nunha semana e que pretende reclamarlle ao PP e á Xunta de Galicia retornar aos parámetros da Constitución, do Estatuto e da Lei de Normalización Lingüística.


Wayne Kramer xunta unha banda especial para esta noite

O rock de MC5 resucita ex profeso para o Festival Cultura Quente

Cultura 10/07/2009
  Envía a túa opinión

De entre os eventos do verán galego sempre sobrancea o Festival Cultura Quente, un evento integramente de balde que se desenvolve na vila termal de Caldas de Reis e que inclúe unha manchea de actividades. Cómpre salientar a instalación artística Kaldarte, xa con rango internacional, e, sobre todo, o festival musical que se celebra esta noite e mañá. Hai no programa nomes da escena alternativa española como Facto Delafé y Las Flores Azules, Los Coronas e Lagartija Nick, e glorias estranxeiras do nivel de The Wedding Present, que actuarán mañá na alameda de Caldas. Alí está tamén esta noite Wayne Kramer, o líder do mítico conxunto de rock do anos 70 MC5. Este recital, no que Kramer repasará a traxectoria da súa antiga banda con convidados de luxo que tocaron en Guns n’ Roses e Rage Against The Machine, é único no mundo, porque se programou ex profeso para o Cultura Quente.


A gaiteira durante a presentación de “Os soños que volven”

Seivane remuda con novo alento a música da súa infancia en Ortigueira

Cultura 10/07/2009
  Envía a túa opinión

Susana Seivane soña moito. Ata 200 melodías diferentes animaron o seu maxín durante os anos que tardou en preparar o seu novo álbum, co que conmemora unha década no mercado discográfico e unha vida na música. De tanto paseo polo mundo onírico resultou unha escolma de 14 pezas que, recollidas baixo o título “Os soños que volven”, conforman a nova obra da gaiteira galega que xa está nos andeis das tendas e que será presentada multitudinariamente esta noite no escenario do Festival do Mundo Celta de Ortigueira.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros