Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Ajuste de cuentas” non se sintoniza no Bernabéu

“Ajuste de cuentas” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 12/06/2009
  Envía a túa opinión

De entre todos os efectos colaterais da crise económica, nunca escoitara tal cousa como esta: a filla de tres anos de Mariano e María Jesús perdeu a capacidade de falar cando os seus pais tivéronlle que entregar a casa ao Banco por non poder pagar a hipoteca. Non me acordo como de desenvolvido temos o cerebro lingüístico aos 36 meses de vida, pero por pouco espelida que fose a nena, poderiamos pensar que preferiu pechar o bico antes de cantarlle os corenta a uns proxenitores que foron acumulando seis créditos persoais e sete tarxetas de compra a crédito sen fondos para soster tanto préstamo. E todo, segundo a sinopse que achega o programa “Ajuste de cuentas”, porque lles gustaba vivir por enriba das súas posibilidades.


Santi Abad pasou dous meses sen facer de ventre

“Superviviventes” (Telecinco, 21:45 h.)

Sociedade 11/06/2009
  Envía a túa opinión

Unha modelo, Ivonne Orsinni; unha ex atleta profesional, Maite Zúñiga; e un experto concursante de realities, Matías, sobreviviron ao salvaxe plan de adelgazamento en illa paradisíaca para celebridades que cada ano propón Telecinco e que responde ao nome de "Supervivientes". Douscentos mil euros e un vehículo todoterreo son o premio a tres meses de penurias, inanición, intimidades expostas perante as cámaras e outras circunstancias que os concursantes desta aventura retransmitida padeceron para gozo dos que viamos as súas costelas asomando entre a carne minguante mentres tragábamos a cea comodamente sentados nas nosas casas.


Romón sostén un libro nas mans nunha clara provocación antisistema

“Libro aberto” (TVG, 00 h.)

Cultura 10/06/2009
  Envía a túa opinión

Agora que xa todos tivemos a oportunidade de ver a reportaxe sobre as vacas tolas e, segundo as teorías paternalistas dos directores do ente público, deixamos de comprar leite porque se nos vendeu a idea de que as vacas son animais do demo e nós estamos dispostos a afondar na crise do sector gandeiro, pois asoma nesta xornada outro programa de televisión á grella que, se cadra, o comité censor tamén debera ter en consideración. “Libro aberto” é un programa sobre libros e calquera dirixente que se prece sabe que o acceso á lectura crea individuos capaces de pensar por si mesmos, así que, se do que se trata é de protexernos do libre albedrío, nada mellor que pechar, televisivamente falando, as cubertas desta obra.


Unha vaca tola escruta o sentimento de culpa da dirección da TVG

“A caixa negra” (TVG, 23.30 h.)

Sociedade 09/06/2009
  Envía a túa opinión

Ademais de ser honrado, hai que parecelo. Esta é unha das grandes máximas do comportamento en sociedade, e sobre todo na política. Queda moi ben encherse a boca ante os demais falando de que o sentido da xustiza e a nobreza dun vai facer del o paladín da “rexeneración democrática”, empezando polos medios públicos. Todos quixéramos crer a un político que nos di que non aproveitará os medios de comunicación públicos como ferramentas de propaganda, pero a realidade é máis teimuda que as boas intencións.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros