Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Agrupación Deportiva Vincios

Gondomar acolle os campionatos galegos benxamín e infantil de tenis de mesa

Deportes 30/04/2009
  Envía a túa opinión

O pavillón municipal de Gondomar acolle desde este venres e ata o domingo os campionatos galegos de tenis de mesa das categorías benxamín e infantil. A Agrupación Deportiva Vincios é a encargada de organizar este evento no que os protagonistas serán os deportistas de base. Os encontros comezarán ás nove da mañá e prolongarase ata as nove da noite. Nestes primeiros dous días as competicións estarán protagonizadas polos benxamíns, reservando o domingo exclusivamente á categoría infantil.

 


A natación sincronizada require do funcionamento de todo o corpo

A natación sincronizada, unha formación deportiva do máis completa

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

Unha das disciplinas deportivas máis espectaculares e máis completas, así podemos considerar a natación sincronizada. Un deporte que consiste en realizar impresionantes exercicios sobre e baixo a auga. En Galicia a súa práctica aínda é minoritaria, pero gaña pouco a pouco adeptos.


Fatou Dieng nos estudios de Radiofusión

Chiqui Barros sabe sacar o mellor de cada xogadora, segundo Fatou Dieng

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

Fatou Dieng necesita moito espazo na cancha de baloncesto para xogar. Segundo afirma, o adestrador Chiqui Barros sabe darlle iso e saca o mellor de cada xogadora. A xogadora francesa realizou esas manifestacións poucos dias antes do partido máis importante da Liga Femenina 2 na cidade departamental.


Víctor Gallego amosando orgulloso unha das súas medallas

Víctor Gallego establece un novo récord galego absoluto en peso

Deportes 28/04/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Comezou a Liga de clubs de división de honra do atletismo. O Sociedad Gimnástica de Pontevedra desprazouse a Burgos e conseguiu o terceira posición. En Avilés competiu o Real Club Celta de atletismo, quedando en última posición debido ás numerosas baixas no equipo; e as mulleres do Ría Ferrol lograron a terceiro posto, disputado na pavillón da Malata, en Ferrol. Dos resultados acadados neste comezo da liga destacar a Víctor Gallego que estableceu un novo récord galego absoluto en peso. Lanzou o artefacto a 16,45 metros, o que supuxo unha marca galega absoluta superior á que posuía o seu compañeiro de equipo Óscar Fernández con 16,41 metros desde o ano 2002.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros