Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Centro do Viño da Ribeira Sacra

Abre o Centro do Viño da Ribeira Sacra co obxectivo de converter este caldo no máis importante de España

Sociedade 20/04/2009
  Envía a túa opinión

Logo de anos de proxectos e obras, e despois de varias semanas de portas abertas que funcionaron como toma de contacto, o Centro de Interpretación do Viño Ribeira Sacra vén de inaugurarse oficialmente. Situado no edificio da antiga Casa Consistorial e compartindo espazo coa sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe vitivinícola, o centro aspira a promocionar estes caldos e, ao mesmo tempo, todos os atractivos turísticos da comarca.


A Plataforma Galega Antritransxénicos informou da mobilización en rolda de prensa

Galicia súmase á protesta estatal antitransxénicos

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

A Plataforma Galega Antritransxénicos convoca á cidadanía a mobilizarse mañá sábado en Zaragoza en contra dos alimentos xeneticamente modificados. O acto reivindicativo está convocado por Plataforma Rural e Greenpace e pretende converterse nun berro colectivo para expresar ao goberno e as multinacionais o rexeitamento a estes organismos e a defensa dunha alimentación saudable. O programa Onda Rural informou sobre este asunto e recolleu tamén a resposta do Ministerio á protesta en defensa do sector lácteo que miles de gandeiros protagonizaron onte en Madrid.

 


Milleiros de gandeiros percorreon as rúas da capital do Estado

Máis 15.000 gandeiros, segundo os convocantes, piden na rúa medidas contra a crise do sector lácteo

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

Histórica” é o adxectivo máis repetido para describir a mobilización do sector lácteo que se celebrou en Madrid. 15.000 persoas, segundo os convocantes e 6.000, atendendo ás contas da policía, responderon á chamada de sindicatos agrarios e cooperativas leiteiras e berraron na rúa que precisan apoio gobernamental para afrontar a súa crise. Esta protesta centrou o programa Onda Rural do xoves 16 de abril.


As organizacións agrarias e cooperativas convocaron conxuntamente a protesta

Milleiros de gandeiros mobilízanse mañá en Madrid en defensa do sector lácteo

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

As organizacións agrarias e cooperativas lácteas convocan para mañá xoves unha mobilización estatal unitaria en defensa do sector leiteiro, á que xa anunciaron que se han sumar outros colectivos como os fabricantes de pensos ou os distribuidores zoosanitarios. Agárdase unha manifestación “masiva” posto que os gandeiros falan da “peor situación da súa historia” e de “risco inminente de desaparición das explotacións”. O programa Onda Rural abordou este asunto a través dunha conversa coa secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Carme Freire.


1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros