Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > Rutas, eventos, escapadas

Información do programa Novas do programa

O Kugira chegando a Copacabana

O Kugira chega a Copacabana

Sociedade 09/04/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

O dique flotante caixonero Kugira chegou a Copacabana en Brasil o pasado sábado 2 de abril. A empresa Acciona utilizará a estructura no continente americano, despois de participar en distintas obras en Europa.


Manifestación en Madrid esta mañá

Manifestación nacionalista en Madrid contra a reforma laboral

Sociedade 05/04/2011
  Envía a túa opinión

A CIG, os sindicatos vascos ELA e LAB e outras organizacións sindicais vascas, catalanas e canarias participaron esta mañá en Madrid nunha manifestación que reuniu a unhas 6.000 persoas, segundo os convocantes. Durante a marcha, que rematou con música de gaitas e txalaparta, berráronse consignas como “Non falta diñeiro, sobran ladróns”; “Nin pacto social, nin reforma laboral”, “Zapatero, cabrón, traballa de peón”; “PSOE-PP, a mesma merda é” ou “CCOO-UGT, sindicatos do poder”. Os secretarios xerais de ELA, Adolfo Muñoz, ‘Txiki’; LAB, Ainhoa Etxaide e Suso Seixo, da CIG, pecharon o acto, ao que puxo punto final a Internacional. 


Francisco Jorquera, deputado do BNG

O Congreso respalda a acción militar en Libia

Institucional 22/03/2011
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

"Non ten nada que ver Iraq e Libia" afirmou a ministra de Defensa Carmen Chacón en declaracións a TVE que lembrou que a intervención no pais norteafricano se realiza co respaldo da ONU e do Parlamento. O Congreso dos Deputados respaldou a decisión do goberno español de participar no ataque militar a Gadafi, cos votos contrarios de Izquierda Unida e do Bloque Nacionalista Galego. Ao remate da votación, un grupo de invitados proferiu berros de "Non á guerra".


O 2011 foi declarado Ano Internacional dos Bosques

Os biólogos advirten que a crise tamén afecta aos bosques

Sociedade 21/03/2011
  Envía a túa opinión

A actividade humana provoca unha deforestación de máis de 10 millóns de hectáreas ao ano, segundo os datos que destaca o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia (COBGA) coincidindo co Día Forestal Mundial. A escala mundial, indica este colectivo profesional, xa se destruíron o 80% dos bosques primarios e os que quedan están ameazados pola “extracción de madeira, a súa conversión a usos agrícolas, os cultivos enerxéticos, a gandería, a especulación, a minería, os grandes encoros, as estradas ou cambio climático”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros