Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 21 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

O multi-instrumentista bretón é célebre por “Amelie”

Yann Tiersen trae a súa sinfonía evocadora á Coruña

Cultura 03/07/2009
  Envía a túa opinión

Bonita. Se houbese que tirar dun único cualificativo para definir a música do bretón Yann Tiersen abondaría con ese. E non é dicir pouco. O poder evocador das sinfonías que o compositor constrúe con instrumentos tan diverxentes como o acordeón, o violín, a guitarra eléctrica, o xilófono ou o piano de xoguete, potencia as emocións de filmes como “Good Bye, Lenin!”, “Tabarly” ou, sobre todo, “Amelie”, o traballo que lle deu sona mundial. As súas fantasías orquestradas (e cantadas de cando en vez por artistas como Dominique A, Jane Birkin, Christophe Miossec ou Elizabeth Fraser ou Shannon Wright) soarán esta noite a partir das dez no recinto feiral ExpoCoruña da cidade herculina.


Casa natal de Ramón Cabanillas

A poesía de Ramón Cabanillas volve soar en Cambados

Cultura 02/07/2009
  Envía a túa opinión

Os versos de Ramón Cabanillas volverán oirse nas rúas de Cambados este venres 3 de xullo. Cúmprense 50 anos desde a morte do autor de Vento Mareiro e os novos poetas da terra do Salnés e da asociación Redes Escarlata queren homenaxear ao escritor cun completo cortexo cívico polo casco vello da vila natal do escritor. A palabra e a música rendirán tributo a unha das máis sobranceiras figuras da literatura galega.


A música das oito nacións do mundo celta soa en Ortigueira

Barra libre musical no Festival do Mundo Celta de Ortigueira

Cultura 01/07/2009
  Envía a túa opinión

Máis de 90.000 visitantes espéranse a vindeira semana en Ortigueira. A pequena vila do Ortegal acollerá a XXV edición do Festival Internacional do Mundo Celta. Entroutros grupos, actuarán Fred Morrison, Korrontzi, Le Bottine Souriante, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Battlefield Band e Wolfstone en concertos de acceso libre.


O novo disco da banda de Chicago vén de saír á venda

“Acórdaste do concerto de Wilco en Santiago no 2009?”

Cultura 01/07/2009
  Envía a túa opinión

O listón xa está colocado ben no alto e cara el miran agora Springsteen, Reed, Cohen e demais estrelas do excelso verán musical galego. Mais, mentres non se demostre o contrario, así como o ano 1999 foi o do concerto pirotécnico dos Rolling Stones e o 2004 o do recital de tres horas de The Cure, até hoxe 2009 na memoria dos melómanos e mitómanos pertence a Wilco. O sexteto de Chicago ofreceu hai agora un mes exacto, no Pazo de Congresos de Santiago, o concerto máis comentado da temporada no finisterre. O 1 de xuño, a banda liderada por Jeff Tweedy presentaba os temas do seu novo disco que, trinta días despois, xa está nas tendas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros