Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Herexía, penitenciagite, penitenciagite!!!”

“Street Fighter” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 08/06/2009
  Envía a túa opinión

Se os medios audiovisuais, como o cine, a televisión ou os videoxogos fosen un invento de hai catro ou cinco séculos, Jean-Claude Van Damme figuraría nos libros de historia a carón de Galileo Galilei. Haberá quen diga que a flexibilidade inhumana das súas pernas, coas que zoupaba patadas que lle valeron ser un mito do cine de acción dos anos 90, xa lle procuraran un lugar destacado entre o panteón dos seres humanos egrexios. Pero a miña idea era outra: así como Galileo foi pasado á grella polas súas ideas sobre a concepción dun universo non necesariamente animado por un ollo celestial, Van Damme sería churrasco de loitador belga, asado lentamente nas brasas, acusado de herexía por rodar o filme “Street Fighter”, que se emite esta noite en La Sexta.


Marbella: land of opportunities

“Callejeros: Marbella” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 05/06/2009
  Envía a túa opinión

Se o capítulo de hoxe de “Callejeros” comezase como un cómic de Astérix, debera dicir algo así como: “No ano 2009 despois de Cristo, toda España vivía sometida pola crise económica. Toda? Non. Un pequeno reduto de millonarios sobrevive no sur da Península”. Entón, unha lupa aumentaría a visión do mapa sobre a cidade de Marbella e alí coñeceriamos aos habitantes da aldea que ten por poción máxica o rendemento dos seus dólares en paraísos fiscais.


Presumir de diñeiro sempre foi de mala educación: velaí o segredo

“El Secreto” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 04/06/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

Falemos hoxe dos contratos. Eu, basicamente, coñezo os contratos eventuais, a tempo parcial ou ata fin de obra, e, segundo as estatísticas, a maioría de nós só ten constancia de que as relacións laborais están suxeitas á temporalidade: haberá algún empresario filósofo que sosteña que grazas á finitude do noso sostén económico, así nos preparamos tamén para cuestións maiores, como o “vita brevis”. Cóntase por aí, e algúns confirman que os viron, que tamén existen os contratos fixos, pero eu estaría por asegurar que esa idea procede da ciencia ficción. Sobre os contratos tamén hai literatura: da maneira en que se artella a nosa vida, escribiu Jean-Jacques Rousseau na obra “O contrato social”, e outro que tamén xerou páxinas, por exemplo no “Fausto” de Goethe, foi o contrato favorito dos executivos da televisión: o contrato mefistofélico. Este vén a dicir que, en esencia, todo é a cambio de algo, e se falamos de entretemento televisivo, máis.


“Así de gorda teño a chequeira, así”

“Antena 3 Noticias: Florentino Pérez” (Antena 3, 21.15 h.)

Deportes 03/06/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Del dixo Emilio Butragueño que era un ser superior, e como calquera divindade que se prece, Florentino Pérez vén de demostrar a súa capacidade para a resurrección. O culto mesiánico ao vello e novo presidente do Real Madrid é un fenómeno fascinante, máis aínda se temos en conta que o perfil do home en cuestión é pouco atractivo. Gris no mellor dos casos, cunha montura de gafas retro, unhas inflexións de voz nasais, unha muller chamada Pitina, a intuición de que baixo esa pátina de bispo se agocha unha ética máis próxima a dun capo mafioso, e, por enriba de todas as cousas, moito diñeiro para conferirlle o brillo que da súa personalidade non emana. E velaí o teñen provocando máis soños húmidos nas mentes de millóns de homes neste último mes que as curvas de Scarlett Johansson.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros