Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

San Caetano, Estrasburgo, a xastrería de Camps e despois o mundo!

“Informativos Telecinco: entrevista a Mariano Rajoy” (Telecinco, 21.00 h.)

Institucional 02/06/2009
  Envía a túa opinión

Se as sondaxes atinan, que non sería a primeira vez que tal milagre acontece, vostede e máis eu temos plan estupendos para o domingo. Anticiclón mediante, iremos á praia, procuraremos o dolce far niente, faremos paparota na casa da aldea, sentiremos ese vacío no peito que provoca un domingo sen fútbol e tentaremos aliviar a síndrome de abstinencia cunha sesta, e, se resulta que antes das oito da tarde andamos preto do colexio electoral, poida que votemos nas eleccións ao Parlamento Europeo, as que menor participación rexistran. Tan pouco nos interesa o que acontece en Bruxelas e Estrasburgo, que os partidos políticos toman nota e os mitines dos opositores á Eurocámara son unha excusa para continuar a rifa cotiá da política estatal mediante espazos gratuitos de propaganda electoral.


Jolie, os videoxogos e a suspensión da realidade

“Lara Croft: Tomb Raider” (La Sexta, 21.30 h.)

Sociedade 01/06/2009
  Envía a túa opinión

Na serie de videoxogos aos que lle dá nome, a exploradora Lara Croft é unha temeraria aventureira que viaxa por ruínas ancestrais de todo o mundo na procura de obxectos místicos, arriscando a vida e a inmaculada composición dun físico que sublima un ideal sexual de curvas imposibles grazas á arquitectura irreal que permiten os deseños de polígonos en tres dimensións e as texturas xerados polos computadores. Para o gran público, o que nada sabe dos xogos orixinais, que levan cinco ou seis partes e que deixaron xa de ser unha pedra angular da industria logo da saída de varios episodios mediocres, Lara Croft, é a imaxe de Angelina Jolie. E un coida que non se lle puido procurar copia de carne e oso mellor ao personaxe: e non, o motivo non é que, embutida en lycra, látex e micro-shorts, a Jolie luza turxencias inconcibibles, como da boneca que manexas co joystick, senón porque, as aventuras de Lara Croft non son máis incribles que as da compañeira de Brad Pitt.


Pavillóns de tortura da era McDonald\'s (circa 2000 d. C.)

“21 días en el gimnasio” (Cuatro, 23.30 h.)

Sociedade 29/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Dende aquí cho digo: Samanta Villar, decepciónasme. A muller-noticia de Cuatro, esa rapaza que só conta as cousas se antes as viviu nas súas propias carnes, está a baixar o nivel do programa “21 días” alarmantemente. Que había que falar dos riscos da desnutrición? Pois botaba 21 días sen comer. Os efectos da marihuana? Abrazaba a cultura rastafari e púñase cega a canutos. Vivir na rúa? Alá ía ela provista de cartóns a buscar sitio nun caixeiro automático. Moito apostar forte polo xornalismo espectáculo para rematar agora na mediocridade.


Eros, líder do andazo de románticos italianos robamozas

“El Hormiguero: Eros Ramazzotti” (Cuatro, 21.30 h.)

Cultura 28/05/2009
  Envía a túa opinión

Nalgún momento da adolescencia, todos os rapaces odiamos aos nosos homólogos italianos. Nesas excursións de fin de curso do instituto, que pouco teñen de turísticas e si moito de liberación hormonal, nas visitas aos monumentos históricos non resultaba estraño coincidir con outros grupos de púberes europeos en igual estado de desinterese e excitación. Cando logo de moitas horas compartidas de pupitre e a viaxe en autocar xa cadaquén tiña fixado ao seu amor platónico ao que lle facer as beiras entre museo e museo, de súpeto aparecía un grupo de morenos oliva, solapas da camisa en alto, e musitando palabras rematada en “-ini”. E, de súpeto, do noso carón desaparecían todas as compañeiras de clases, embriagadas polo mito do latin lover e do conquistador italiano. Nós, os rapaces, non atinábamos a comprendelo e tentamos buscar explicación nas cancións de Eros Ramazzotti.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros