Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 18 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Nin Messi nin Cristiano: viva a terceira vía!

“Final da Champions League: FC Barcelona – Manchester United” (Antena 3, 20. 45 h.)

Deportes 27/05/2009
  Envía a túa opinión

O que vou ver eu esta noite na tele, vaise ver con atención nos cinco continentes, tal é o poder magnético do fútbol sobre as persoas, fascinadas polo mellor xogo que endexamais se inventou se atendemos ao número de practicantes e de seguidores. Direi por enésima vez que a maxia deste deporte é a súa imprevisibilidade, que impide dous partidos iguais malia que todos eles obedezan o mesmo regulamento. Tamén trunfa polo democrático das súas posibilidades: contrariamente a outros deportes que premian a excelencia física ou que só son executables dende unhas determinadas características físicas de altura ou velocidade, o balompé abre as portas da gloria a atletas do común.


“Kutner, cóntame, que é un spoiler?”

“House” (Cuatro, 22.15 h.)

Sociedade 26/05/2009
  Envía a túa opinión

Canta máis información temos, máis sabichóns nos sentimos e máis nos come o cinismo. Nestes tempos de acceso case ilimitado a todo tipo de lixo informativo, nos que podemos acaparar multitude de datos inservibles para as nosas funcións como humanos adultos, a ubicua presenza de Internet é unha ferramenta perigosa que atenta directamente contra a inocencia. Ese antigo pracer de sentar a ver unha película ou unha serie sen ter o máis mínimo coñecemento do que vai a acontecer só fica reservado para aqueles que son capaces de manter a distancia de seguridade de calquera web ou foro do ciberespacio no que se fale do seu programa favorito. Por todo isto naceron as “alertas spoiler”, avisos que anuncian que, se segues lendo, che van a estragar a sorpresa.


Un xoguete en mans de millóns de humanos

“La vida sin nosotros” (Cuatro, 00.20 h.)

Sociedade 25/05/2009
  Envía a túa opinión

Un cerebro un pouco máis grande do normal, a invención da arte, mais tamén unha malicia asasina e invasora que vai máis alá da mera supervivencia e que se xustifica, se fose preciso, coas trapalladas que inventa o noso talento lingüístico, son as características que nos distinguen aos humanos do resto de especies do planeta. Como na canción escolar, dende pequenos pensamos que o patio da nosa casa é particular e, tan só dende hai unha pouquiñas décadas, agromou ese movemento chamado ecoloxismo, destinado a lembrarnos que, ou somos limpos e ordenados co fogar universal, ou non haberá quen saque a varredura por nós. Mirando aos perfís de chemineas que enchen de cinza ao ceo, escoitando o barullo das cidades, tocando o árido cemento co que matamos a herba ou cheirando os recendos do lixo que amoreamos, non resulta estraño pensar que o soño húmido do planeta Terra sería librarse de nós. Algo así se conta no documental “La vida sin nosotros”, que pasan na canle Cuatro.


¿Alguén dixo Lei de Costas?

“Callejeros: Manga del Mar Menor” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 22/05/2009
  Envía a túa opinión

“Mira qué playa, mira qué sol, gente bonita a tu alrededor!”, cantaba Bertín Osborne nun dos seus grandes éxitos, ideado para ser banda sonora dunha campaña de promoción turística e que recitaban como un mantra budista os millóns de persoas que cada verán facían caravanas en coche para ir aos seus apartahoteles no Levante español. Eu vivín esa experiencia e pasei un verán en na Manga do Mar Menor, unha lingua de terra entre dous mares, á que Callejeros dedica unha reportaxe na noite de Cuatro.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros