Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 22 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Europa, ese patio do recreo

“Elección Europeas 2009” (TVG, 23.55 h.)

Institucional 21/05/2009
  Envía a túa opinión

Xa se empezaba a estudar nos libros de historia cando eu era novo e supoño que pasarán os anos e ocupará un capítulo relevante nos exames de instituto arredor da segunda metade do século XX. A construción de Europa como un ente político común sen que mediase un conquistador como Napoleón ou Hitler para tentar unificalo todo pola forza é unha das aventuras máis curiosas e arriscadas que decidiron os prohomes do continente. Pero o que é Europa, máis alá dun territorio xigantesco é algo que costa definir, por canto xunta idiosincrasias, idiomas e costumes ben diferentes. Ao final, como acontece case con todo, un lugar non son senón os seus habitantes, e isto non é sempre para ben.


“Guayaminí, cero points”

“Operación Triunfo” (Telecinco, 21.45 h.)

Cultura 20/05/2009
  Envía a túa opinión

Discutín onte cun amigo que Telecinco debería reformular dunha vez a fórmula de “Operación Triunfo” para maximizar os beneficios en tempos de crise. Calquera que veña seguindo o concurso de talentos nos últimos anos sabe que a fórmula está esgotada de non ser porque a natureza mesquiña do ser humano fainos gozar do escarnio alleo. Así as cousas, das tres horas que debe durar o show, as dúas primeiras, nas que os participantes cantan versións de éxitos do pop adolescente ou as baladas con máis azucre dos baladistas latinos máis cargantes, son totalmente prescindibles. Trátase de ver a adolescentes vestidos de Inditex cantar moi ben ou cantar moi mal disimulándoo cun potente chorro de voz, como se ter a ferramenta implicase directamente o saber usala.


Gonzo mira atrás sen carraxe

“A Caixa Negra: Operación Nécora (20 anos despois)” (TVG, 23.15 h.)

Sociedade 19/05/2009
  Envía a túa opinión

Unha das grandes traxedias do xornalismo, así o vexo eu, é a consagración da inmediatez como un valor supremo. Como nunha carreira de galgos en pos da audiencia, o que o importa é chegar ao primeiro a coller a lebre, xa teñas que andar a trabadas ou poñendo cambadelas polo camiño. As máis das veces importa contar as cousas primeiro antes que contalas ben. Cando o xornalismo só existía como xornal, as propias limitacións técnicas e físicas do medio concedían un breve pero necesario período de reflexión. A chegada dos medios de masas, como a radio e a televisión, acabaron con ese lapso de acougo para poñer aos contadores de noticias en modo “exprés” perpetuo. Por iso cabe celebrar que apareza na tele un programa como o que estrea esta noite a TVG, chamado “A caixa negra” e no que o leit motif é contar fenómenos sociais co sosego e a análise que permite o paso do tempo.


Os McCann: a traxedia como espectáculo global

“Especial Madeleine McCann” (Cuatro, 00.10 h.)

Sociedade 18/05/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

No día 2 despois da humillante derrota de Soraya en Eurovisión, o máis duro golpe para a radiotelevisión estatal en anos, os teleadictos máis patriotas sufrirán para prender de novo o televisor, e cando o fagan asistirán resignados á invasión de produtos estranxeiros. Velaí está Cuatro, que hoxe presume de estrear dúas pezas documentais británicas horas antes de que saian ao aire no país do te con pastas e a pompa e circunstancia.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros