Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 25 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Los Suaves

Los Suaves inauguran hoxe o F.A.X despois de nove anos sen tocar na súa cidade

Cultura 19/06/2009
  Envía a túa opinión

O Festival Alternativo da Xuventude, o F.A.X´09, arrinca ás oito e media desta tarde no Campus universitario da cidade das Burgas. Os protagonistas indiscutibles do evento serán Los Suaves, a banda que máis axudou fóra das nosas fronteiras ao coñecemento de Ourense. Levan nove anos sen tocar na súa terra e fano agora rodeados de bandas seleccionadas por eles mesmos como as tamén ourensás Mitocondrias e Derroche, e os madrileños Marzella. Mañá sábado será a quenda de Shantel & Buvoviña Club Orkestar, Blasted Mechanism, Adanowsky, O Sonoro Maxín, Katembe Project e Lord Sassafras.






Mañá venres é o último dia para responder á consulta

Non se poden prohibir actos divulgativos na consulta do idioma

Sociedade 18/06/2009
  Envía a túa opinión

Non se poden prohibir actos divulgativos ou reparto de información en colexios e institutos arredor da consulta sobre a utilización do idioma galego no ensino. Afirmao así o auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A máxima autoridade xudicial indica que esa actividade, en ningún caso se pode entender como dirixida a entorpecer, obstaculizar ou dificultar a consulta. A resolución responde ao  recurso contencioso administrativo presentado pola CIG solicitando a suspensión da orde da consellaría, na que se ordenaba aos directores dos centros a prohibición de actos a favor ou en contra do inquérito.


Portada de “Supersandwich”

A Sala Capitol de Compostela acolle a presentación oficial de “Supersandwich”

Cultura 18/06/2009
  Envía a túa opinión

O relato de amor entre un home e unha vaca ou a historia dun señor xa maior que consegue excitarse ao son do funky son algúns dos temas que abordan as letras desenfadadas de Supersandwich. Unha banda con 12 integrantes que vén de editar o seu álbum debut e homónimo, o agasallo tras gañar en 2007 a primeira edición do certame Nsaio. Uns amantes do funky fusionado co rock, o hip-hop ou mesmo a rumba que teñen como punto forte a súa posta en escena. Mañá venres, 19 de xuño, subirán ao escenario da Sala Capitol para presentar oficialmente este disco con 13 temas que fará bailar, sen dúbida, aos asistentes. Diversión garantida como asegurou en Radiofusión o percusionista da formación, Juan Fuentes.

 

 


Desde o sector alértase de que os teatros galegos quedarán para o ano baleiros de espectáculos

Os profesionais das artes escénicas reuniranse co conselleiro de Cultura para abordar a “parálise” do sector

Cultura 17/06/2009
  Envía a túa opinión

Os representantes do sector escénico do país reuniranse o vindeiro martes día 23 co conselleiro de Cultura, Roberto Varela. O departamento da Xunta convocou esta xuntanza despois de que os profesionais do ramo denunciasen onte publicamente a “parálise total” que sofre a súa actividade desde o cambio de goberno. Malia esta rápida resposta, os voceiros do colectivo amósanse “pesimistas” sobre o que pode dar de si a cita.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros