Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 19 de Agosto de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Pasapacasaquetevasaenterar!”

“Hermano mayor” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 15/05/2009
  Envía a túa opinión

Nada ten que ver un Gran Irmán cun Irmán Maior, ou polo menos iso é o que tenta demostrar a canle Cuatro co seu último programa de coach, ou de adestrador para entendérmonos: espazos con finalidade didáctica que pretenden axudarlles aos espectadores a resolver situacións de conflito mediante o experimento con protagonistas cobaia que se prestan ao espectáculo. O coaching pode ser divertido cando nos ensinan a adestrar mascotas ou mesmo a seguir un plan de adelgazamento axeitado, pero convértese en cousa máis seria cando se alimenta da desesperación das familias que, incapaces de resolver un problema, non teñen obxección a expor as súas miserias de portas para fóra e, a través da pantalla, de portas para dentro do resto de fogares do país.


A camiseta do Che ou o triunfo da sociedade de consumo

“En noches como ésta: Custo Dalmau” (TVE, 00 h.)

Sociedade 14/05/2009
  Envía a túa opinión

Chegará un tempo no que desaparecerán as tarxetas de presentación e os currículos vitae, un tempo no que non será preciso abrir a boca para darse a coñecer e explicar vida e circunstancias. Todo iso será superfluo sempre que vistamos a camiseta axeitada. De entre as prendas de roupa, a minisaia deseñada por Mary Quant é a que posúe a maior consideración de fenómeno social, como símbolo de liberación feminina e toma de conciencia do propio corpo, pero dun tempo a esta parte cómpre concederlle á camiseta o valor que merece como panel de mensaxes, máis alá da súa antiga función, perpetuada polo cine clásico de servir de lenzo enchoupado de suor para conter a musculatura de Marlon Brando ou James Dean.


Toquero: o fútbol tamén ten cincentas

“Final da Copa do Rei de Fútbol” (TVE, 22 h.)

Deportes 13/05/2009
  Envía a túa opinión

O maior antagonismo que podía presentar o fútbol no momento presente non era, tal e como se demostrou, o derby entre o Real Madrid e o Barcelona. Onde realmente existe un conflito transcendente é no encontro desta noite que disputan o equipo catalán e o Athletic de Bilbao para gañar a Copa do Rei. No céspede de Mestalla non coliden 22 futbolistas cun balón polo medio, senón dous universos tan afastados entre si como a lúa e o sol e que, por incrible que resulte, están contidos nesa esfera aínda maior e na que todo parece posible que é a pelota de coiro. Pensar que Messi e Toquero son executantes dunha mesma disciplina e que os dous comparten a profesión de dianteiro é un misterio tan excitante que a final desta noite pasa por ser a máis relevante dende que o Deportivo lle mollou a orella aos merengues o día do seu cen aniversario.


Un fistro de vangarda nunca ben entendido

“Buenafuente: Chiquito de la Calzada” (La Sexta, 00 h.)

Cultura 12/05/2009
  Envía a túa opinión

A televisión, como vehículo para a cultura, xa non ten remedio e ficará por sempre estigmatizada. Pensamentos como ese que di que o medio é a mensaxe, condenan para sempre ao desprezo das elites a calquera cousa, por extraordinaria que sexa, que asome ás nosas vidas dende o tubo catódico. Tómase a parte polo todo para desgraza dos poucos talentos verdadeiros que consenten en ser gravados por unha cámara, ao contrario do que acontece noutros medios.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros