Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Os irlandeses Alalé son uns dos finalistas do Runas´09

Os internautas xa poden elixir as bandas que inaugurarán o Festival de Ortigueira

Cultura 16/06/2009
  Envía a túa opinión

Alalé, Dealan, Ghaita Depedra, Lochlainn, Pablo Seoane Grupo, Qui hi ha?, Riobó e Tiruleque. Destes oito grupos, só tres chegarán a debutar no Escenario Estrella Galicia o 9 de xullo, no marco do Proxecto Runas '09, de promoción de novos creadores do folk. Os internautas xa poden emitir o seu voto na web www.festivaldeortigueira.com e decidir que grupos figurarán no cartel da XXV edición do Festival de Ortigueira.

 

 


Para Nova Escola Galega, a lingua é de todos e todas, e a todas e todos nos compete e obriga

A consulta do idioma, unha fraude escandalosa para Nova Escola Galega

Sociedade 15/06/2009
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

A consulta ás familias, articúlase sobre unha metodoloxía acientífica e un proceso global que non ofrecer garantías suficientes para a protección de datos das persoas consultadas, afirma o movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega. Asimesmo denuncian que no cuestionario "fúrtaselles ás familas posibilidade de poder optar por un ensino todo en galego. Pola contra sí se ofrece a posibilidade de optar por un ensino todo en castelán. Será esta, xa que logo a tan proclamada liberdade lingüística?"


Os recitais de María Lado cautivan ao público

María Lado recita con Luis Eduardo Aute en Madrid

Cultura 14/06/2009
  Envía a túa opinión

O mércores 17 de xuño, ás 20:00 horas, María Lado e Luis Eduardo Aute ofrecerán un recital poético en galego e castelán respectivamente na Casa de Galicia en Madrid. O acto será presentado polo crítico literario Vicente Araguas. Este recital forma parte do Ciclo "Estacións Poéticas-biloxías" titutalo nesta ocasión “Da primavera adeus”.


Portada de “A grande evasión”

Ataque Escampe foxen do seu anterior disco a través de “A grande evasión”

Cultura 09/06/2009
  Envía a túa opinión

Despois de Galicia es una mierda (2008), Ataque Escampe editan un novo e segundo álbum, A grande evasión”, no que abandonan o seu localismo temático, centrado en Santiago e Galicia, para botar a voar polo mundo adiante. Trátase dunha “fuxida da prisión”, segundo asegurou en Radiofusión Miguel Mosqueira, integrante da banda, que comeza co tema “A grande evasión”, vai fiando diferentes historias grazas a pequenos cortes instrumentais que levan os nomes dos tres aeroportos galegos (“Lavacolla”, “Alvedro” e “Peinador”) para rematar con “Alcatraz”. En total, 19 cancións compostas para ocasión e que contaron cos catro membros orixinarios da banda, Álex Charlón, Samuel Solleiro, Roi Vidal e o propio Mosqueira; así como con Marco Gelpi que se incorporou no anterior disco e con Xoán Lois G. Carlín que substitúe con piano, teclados e sintetizadores ao acordeón de Francesc Esteve. O álbum está a libre descarga na Regueifa Plataforma, aínda que tamén pode adquirirse nun formato físico que nos agasalla cunha versión.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros