Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Foi en Berlín pero puido ser na avenida García Barbón de Vigo

“Galicia Documental: A Arañeira” (TVG, 00.20 h.)

Sociedade 11/05/2009
  Envía a túa opinión

Nunha máis do seu catálogo de liñas célebres de guión para a historia, Woody Allen dicía aquilo de “cando escoito a Wagner durante máis de media hora éntranme ganas de invadir Polonia”. O que non sabiamos era que, ademais das épicas sinfonías do compositor clásico, o espírito invasor dos nazis tamén se puidese ver alimentado polo folklore da muiñeira galega. Mais algo diso houbo segundo expón o documental “A Arañeira”, que se pasa esta noite na TVG.


“Uh, ah, las chicas son guerreras”

“Resident Evil 2: Apocalipsis” (TVE, 23 h.)

Sociedade 08/05/2009
  Envía a túa opinión

Toca comentario adivinatorio, porque como xa é sabido, eu manteño unha distancia prudencial de seguridade ante calquera emisión que leve asociada as palabras medo ou terror e na que dous dos tres principais ingredientes do éxito sexan os sustos e a hemoglobina. Así que non penso ver, nin atado, “Resident Evil 2: Apocalipsis”, pero os fans do xénero zombi teñen dereito a que se lles recorde a súa emisión.


Sandie Shaw en Eurovisión: those were the days

“Repor: Eurofans” (TVE, 01:05 h.)

Cultura 07/05/2009
  Envía a túa opinión

Algo na espiral do ADN que procede dos tempos antigos provoca en nós unha fascinación pola competencia. Será as lembranzas inseridas na xenética da historia pretérita na que non había linguaxe e si labazadas para conseguir a comida ou, como facían as cabras montesas nas reportaxes de Félix Rodríguez de la Fuente, disputar unha parella sentimental, ou máis explicitamente, porque nada sei da sublimación romántica do gando cabrún, unha parella sexual. O caso é que disputar unha cousa multiplica o interese sobre ela. O éxito das retransmisións deportivas na televisión débese ao incerto do resultado, e a proliferación dos realities a que tampouco hai nada escrito sobre o seu desenlace, presuntamente. Así as cousas, é normal que haxa fanáticos de Eurovisión, porque se trata dun certame que mestura a canción pop, un dos maiores fenómenos de masas que nos deixou o século XX, cunha competición case deportiva. A eses devotos lle dedica a súa reportaxe desta noite “Repor”.


Adriá é tan célebre que ten ata a súa “versión Simpson”

“Historia del Bulli” (La 2, 22 h.)

Sociedade 06/05/2009
  Envía a túa opinión

Anda por aí unha campaña de publicidade dunha bebida isotónica que proclama que o ser humano é extraordinario. A televisión, que se cadra é o medio de comunicación que mellor retratou ás persoas durante o último medio século, tamén ofrece momentos fóra do común. Esta noite hai un compendio de fenómenos nada normais.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros