Empatou o Barallobre en terras de Cabanas. Empate a uns que lle parece xusto ao adestrador do Barallobre, Víctor López quen disecciona o partido entre unha primeira parte de domínio claro do seu equipo e unha segunda que foi claramente do X. Cabanas. Nico marcou para o Barallobre na primeira metade. O Cabanas marcou o seu gol na segunda parte.
O Perlío perdeu pola mínima co Galicia de Caranza. Unha mágoa que non durase un pouco máis o encontro porquer a remontada sería completa. Chegouse 3-1 ao descanso e o Perlío con 10 xogadores dende o mínuto 19 de partido cando lle expulsaron o central. A segunda parte foi do Perlio , cando “o equipo puxo cabeza, corpo e alma” según as palabras do técnico Matías García.
O Maniños- Estrella foi aprazado. O partido suspendeuse a causa da lesión do colexiado que lle impedíu seguir dirixindo o encontro no minuto 40, cando o Maniños ía por diante no marcador 1-0 grazas ao gol de Churras no minuto 20. O encontro reanudaráse o domingo 27 de decembro, en horario por determinar.
A Liga en segunda autonómica retómase o domingo. Os equipos de Fene teñen novos retos nesta segunda xornada da segunda fase. O Cultural Maniños recibe no campo do Pote ao Estrella. O Perlío visita ao Galicia de Caranza e o Barallobre visita ao Cabanas.