Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Non me creo que dentro deses dous houbese unha persoa: tiñan vida propia!

“Los mejores años de nuestra vida” (TVE, 22 h.)

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

O desta noite en Televisión Española para moitos dos que nos achegamos á idade de Cristo será precisamente como unha resurrección, como un advenimento mesiánico deses polo que devecen os cultos relixiosos máis entregados. Será tamén como a magdalena de Proust, ou como unha bandexa de pasteis cuxo azucre che bate no peito e mergulla nunha enchente de nostalxia. Hai xente nas nosas familias coas que os nenos que medramos nos anos 80 temos menos confianza que con Espinete. E Espinete volve á televisión para proclamar a victoria definitiva dos anos máis petardos do século XX sobre o resto de décadas en “Los mejores años de nuestra vida”.


Blade almorza pan de allo e bebe auga bendita

“Blade” (La Sexta, 22.15 h.)

Sociedade 04/05/2009
  Envía a túa opinión

De entre todos os mitos clásicos do terror, o do vampiro é o máis puxante hogano. En tempos de depilación láser, nada ten que facer o lobishome, e malia a moda do piercing, os parafusos de Frankenstein atravesados nas témporas arrepían máis que fascinan. En troques, os bebedores de sangue son a expresión do romanticismo clásico, eternos adolescentes de pel branca, torturados polas grandes cuestións da vida e vítimas de paixóns condenadas a esmorecer. As súas historias pódense entender como un “Al salir de clase” hípervitaminado, e así triúnfan versións como as de “Buffy, cazavampiros” ou “Crepúsculo”. Pero tamén hai quen, máis cos pés na terra, imaxina que farían nun mundo máis prosaico os integrantes desta tribo con importantes desequilibrios hormonais, superpoderes e un desexo irresistible de trabar pescozos. Velaí están os protagonistas da serie “True Blood”, aínda por estrear en aberto, ou os do filme que pasa esta noite La Sexta, Blade.


Rojas tivo un fillo cun guerrilleiro: en Colombia tamén rexouban

“En noches como ésta” (TVE, 23.50 h.)

Sociedade 30/04/2009
  Envía a túa opinión

Ao longo da vida, os homes enfrontámonos a misterios insondables: saber se hai vida despois da morte; coñecer a máis minúscula composición da materia; entender que marabillosa conxunción de forzas gravitatorias mantén a estrutura de ósos e carne que configura a silueta perfecta de Monica Bellucci; imaxinar o concepto dos buratos negros que devoran universos; e, entre todos eles, comprender en que termos se manexa a amizade entre as mulleres. Será algo do trazo xenético dos nosos antergos que marchaban con lanzas a cazar o sustento, que entre os homes a amizade é un concepto tribal, de camaradería e algún –raro- momento confesional. Moito máis entregadas son as amizades femininas: máis intensas, máis abertas, máis expostas as crises tamén. Está o mundo cheo de amigas da alma que non se volveron a falar e Ingrid Betancourt e Clara Rojas foron sometidas contra a súa propia vontade a un experimento que levou a súa amizade ao límite. A última delas cóntao esta noite nunha entrevista en Televisión Española.


Ginés: “Con diñeiro e sen diñeiro, fago sempre o que quero, e a miña palabra é lei”

“A fondo: zona cero, con Ginés Jiménez” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 29/04/2009
  Envía a túa opinión

Pasarán os séculos e os cronistas do reino deixarán constancia para aqueles que nos sucedan, que na primeira década do século XXI, en España unha xeración enteira de milleiros de mozos levou ao país á crise económica porque, en troques de traballar nas actividades económicas tradicionais, decidiron, ao berro de “Mamá, quero ser artista!”, facerse estrelas de musical. Son pensamentos que asaltan a un cando comproba que na mesma noite en que Cuatro despide aos bailaríns de “Fama”, Telecinco recibe aos novos cantantes de “Operación Triunfo”. Abafado por tanto talento xuvenil, e nunha decisión salomónica, esta noite tirarei pola rúa do medio e, pasando da inocencia adolescente, ireime co presunta culpabilidade de Ginés Jiménez, o sheriff de Coslada, ao que Antena 3 entrevista en exclusiva.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros