Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Rosa Aneiros

Rosa Aneiros: “Festexei nun día o traballo de moitos anos”

Cultura 09/06/2009
  Envía a túa opinión

A escritora Rosa Aneiros gañou, a un tempo, dúas das categorías dos Premios Xerais, algo que ninguén conseguira antes. Fíxose co galardón á mellor novela por Sol de inverno e co Premio de Literatura Xuvenil Fundación Caixa Galicia por Ás de bolboreta. Uns recoñecementos que enchen de ledicia á escritora de Valdoviño quen asegurou en Radiofusión non ter “sensación de acumulo, porque son dúas obras moi diferentes, escritas en épocas distintas e en condicións persoais moi dispares”. Sol de inverno é unha historia de protagonista enmarcada nun contexto histórico. Ás de bolboreta é unha obra para adolescentes, “uns lectores fascinantes”, afirma Aneiros; que fai referencia ao terrorismo, a soidade ou a violencia de xénero a través dunha historia coral acontecida nunha mañá nunha cafetería.

 

 


Educación iniciou hoxe o reparto dos cuestionarios

A CIG-Ensino presenta un recurso pola consulta aos pais do galego no ensino

Sociedade 08/06/2009
  Envía a túa opinión

A CIG-Ensino presentou hoxe unha reclamación por vía administrativa no Rexistro Xeral da Xunta na que insta ao Executivo autonómico a paralizar o proceso de consulta aos pais sobre o uso do idioma nas aulas por "incumprir as garantías mínimas" de calquera proceso xurídico.


Cartel do Zero Rock

Galegoz encabezan o cartel do Festival Zero Rock de Caldas

Cultura 05/06/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Os Choróns, na Carballeira de Caldas de Reis (Pontevedra) acollerán por segundo ano consecutivo e se a meteoroloxía acompaña O IV Festival de Música Alternativa Zero Rock. Se chove o evento terá lugar igualmente nunha zona próxima a este espazo natural e baixo cuberta. A cita terá lugar este sábado, 6 de xuño, e contará coa presenza da banda de funk The Sweat, encargada de inaugurar os concertos ás dez e media da noite. Despois será a quenda de Gain, Minin, Godog e Galegoz que presentan o seu último traballo, Viñeron da Galiza Interior, como comentou en Radiofusión Moe, responsable da Sala Zona Zero e organizador do evento.

 


Bruce no ano 2008

Born in the USA cumpre 25 anos e soará en Santiago de Compostela

Cultura 04/06/2009
  Envía a túa opinión

Foi o símbolo cantado dos Estados Unidos nos anos 80. Empregado como himno patrioteiro por algúns, o “Born in the USA”, un dos temas máis famosos do cancioneiro de Bruce Springsteen foi, segundo os fans do Boss, en realidade un canto á esperanza e á terra das oportunidades. Un cuarto de século e moito máis leva Springsteen na estrada, e Galicia poderá comprobar en que forma se mantén. O xefe da música estadounidense actuará no Monte do Gozo de Santiago o vindeiro 2 de agosto.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros