Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 21 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

-Xefe, a Lugo!; -Son 10.000

“Collateral” (Antena 3, 23 h.)

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

Os condutores do transporte público non deben figurar entre os profesionais mellor valorados polos clientes. A tensión propia de circular na estrada, engadida ao obrigado trato cun público imprevisible, debe de forxar no dono do volante un carácter rabudo e pouco dado ás concesións amigables. Claro que todo iso redunda na súa contra e xa é un lugar común falar do mal humor dos condutores de buses e taxis e hai quen lle ten ganas. Os directores de cine xa quixeron axustar contas algunha vez que outra: velaí está “Speed”, aquel thriller con Keanu Reeves e un autocar sen freo, ou, por exemplo, “Collateral”, a película que pasa esta noite Antena 3 e que sitúa entre a vida e a morte a un taxista.


Ser de porto de mar non é igual a ser lobo de mar

“Salitre” (TVG, 21.40 h.)

Sociedade 27/04/2009
  Envía a túa opinión

Polo cine xa sabemos como funcionan as castes das universidades americanas, nas que os alumnos máis populares e ben parecidos acaban xogando nalgún dos equipos da academia que a representan nas ligas de baloncesto ou fútbol americano. O que sempre me intrigou foi a existencia de equipos de animadores e animadoras organizados, estudantes que se dedican a dar voces de apoio e facer chimpos para darlle azos aos que compiten na cancha. Eles en nada se parecen aos protagonistas, pero séntense igual de identificados co proxecto deportivo. A min pásame algo semellante co mar.


Segundas nupcias humorísticas para Josema

“¿Y ahora qué?” (TVE, 22.15 h.)

Sociedade 24/04/2009
  Envía a túa opinión

Do que vou a falar, hai ata películas filmadas. Xa pasaron anos dende que Álex de la Iglesia rodou “Muertos de risa”, unha das súas peores longametraxes, pero que contaba cun punto de partida cheo de amargura e posibilidades: que acontece coas parellas de cómicos, un clásico do entretemento mundial, cando xa non se aturan entre eles, mais teñen que seguir traballando xuntos? Nesta vida pódese finxir case todo: dende que Harry atopou a Sally sabemos que as mulleres poden parodiar un orgasmo, e aínda existen incautas que pensan que é propio da condición masculina gozar cunha tarde de compras no centro comercial. O único que non se pode finxir con garantías é a risa. E morto o humor, comeza a rabia.


Adeus á exaltación do adulterio

“Cuestión de sexo” (Cuatro, 00.15 h.)

Sociedade 23/04/2009
  Envía a túa opinión

Como a herba é sempre máis verde no xardín do veciño, o estranxeiro produce sempre unha fascinación especial. Velaí está “Gossip girl”, a serie que estreaba Cuatro a pasada semana, un culebrón sofisticado cheo de malas malísimas que comen cociña macrobiótica pero, en realidade se alimentan de ciumes e envexa. A súa estrea entrou pisando forte como as súas protagonistas e arreándolle un cadeirazo a “Cuestión de sexo”, a serie de factura propia da canle española que, sometida á aprobación dos televidentes- vampiro, eses que só consumen a partir da medianoite, fracasou. Así as cousas, a serie protagonizada por Guillermo Toledo e Pilar Castro despídese hoxe para sempre, co capítulo 10 da terceira tempada.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros