Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

SOG, gañadores do Proxecto Runas 08, actuarán este ano en Ortigueira

Os internautas elixirán os grupos folk noveis que abrirán o Festival de Ortigueira

Cultura 01/06/2009
  Envía a túa opinión

O Festival Ortigueira servirá por décimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. Farao a través do Proxecto Runas que convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres bandas máis votadas polos visitantes da web oficial protagonizarán a primeira noite do certame celta, competindo ao vivo por coarse no cartel do 2010.

 


Martín Sanjurjo nos estudos de Radiofusión

Balakandra, a fusión do folc e do jazz

Cultura 31/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Chámanse Balakandra. O grupo nacido no seo de Saraibas, no Concello de San Sadurniño (A Coruña) corre xa ás suas anchas por unha xeira de ritmos que alterna o folc co jazz, o rock cun ritmo brasileiro, a pura tradición coa innovación máis experimental. Martín Sanjurjo está encantado coa mistura.Gustalles o escenario, o ben que soa. O dia 13 actuarán en Francia, logo en Malpica, Coruña capital, Ourense. A axenda está cuberta.


Cartel do I Festival Anduriña

Os artistas galegos xúntanse en Sada para berrar “Stop accidentes”

Cultura 27/05/2009
  Envía a túa opinión

A Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada acolle este sábado a I edición do Festival Anduriña, que combinará unha vintena de actuacións musicais con outras actividades como monólogos, graffitis, break-dance ou unha concentración de motos organizada pola Asociación Moteira Galega. Unha iniciativa organizada pola Asociación Anduriña de Oleiros e o músico Álvaro Muras que busca concienciar sobre os accidentes de tráfico e apoiar á Asociación Stop Accidentes.

 

 


Kógito ao completo

“Autómatas”, o proxecto global de Kógito

Cultura 26/05/2009
  Envía a túa opinión

Dez anos despois de comezar a tocar xuntos cando aínda estaban no instituto, os vigueses Kógito cambian as versións das súas bandas favoritas polas súas propias composicións no seu primeiro longa duración, Autómatas. Trece temas produto dun compendio entre o pasado, o presente e o futuro do grupo nos que atopamos ska, punk-rock, reggae e mestizaxe, letras desenfadadas, certo ton de protesta, ritmos latinos cheos de percusión e melodías pegañentas, como asegurou en Radiofusión o vocalista de Kógito, Natxo. Ademais, ao bo facer dos dez integrantes da banda únense El Pillo Astuto no tema “Kógito”, Xurxo Souto en “8 que 80”, Innoppiah en “Sen alambrar” e Torroso da Turre´s Band en diversos cortes.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros