Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Marx sabía do voluble da condición humana

“Comando Actualidad: Cómo hemos cambiado” (TVE, 22 h.)

Sociedade 22/04/2009
  Envía a túa opinión

Das persoas dise que somos animais de costumes, que tropezamos dúas veces na mesma pedra e que somos testáns como mulas. Pero coido que Groucho Marx, filósofo do absurdo, sabía máis da verdadeira condición humana que o refraneiro popular, e a el lle debemos a frase que mellor nos sintetiza: “estes son os meus principios, pero se non lle gustan teño outros”. Porque o certo é que somos cambiantes, volubles, inconstantes e, cando se trata da supervivencia, capaces das reaccións máis inesperadas. Así como os elefantes, tal e como se nos contaba nas películas de Tarzán, saben por herdanza transcendental que teñen que ir morrer a un cemiterio sagrado, nós sabemos que cando pintan bastos na economía cómpre gardar os cartos no peto e idear remedios. A iso lle dedica a súa reportaxe desta noite o programa de TVE “Comando Actualidad”.


Carnaza camiño do matadoiro de estrelas

“Operación Triunfo: el casting” (Telecinco, 22.15 h.)

Sociedade 21/04/2009
  Envía a túa opinión

Houbo un tempo no que causaron furor na televisión as tomas falsas. Para uns espectadores aínda cándidos, a revelación impúdica de todo canto hai detrás desa representación idealizada que se emite a través da pantalla era unha novidade que entusiasmou por un tempo. Os erros deses presentadores inmaculados ou as coladas dos realizadores eran cousa de moita risa e que nos reconciliaban coa idea de que, os que están ao outro lado son xente como nós, e non habitantes dun mundo mellor de celofán, onde todos son máis guapos e se gaña máis diñeiro.


Eran políticos bañándose, pero puideron ser os novos X-Men

“Expediente Palomares” (Antena 3, 23.45 h.)

Sociedade 20/04/2009
  Envía a túa opinión

Calquera adolescente con demasiado diñeiro para gastar en banda deseñada de superheroes fantasiou algunha vez coa exposición a algún tipo de accidente nun laboratorio ou factoría química, ou con sufrir a radiación gamma dalgunha perigosa central militar. Segundo a teoría dos heroes en pixama, en troques de resultar situacións mortais de necesidade, os terribles sucesos acabaríanlle por conceder a un poderes incribles para loitar contra as forzas do mal. Velaí está Spiderman, trabado por unha araña radioactiva, grazas á que pode gabear polos muros e anticipar os golpes mediante o sentido arácnido; ou Daredevil, a quen a exposición a material químico deixou chosco, pero co resto do sentidos extraordinariamente desenvolvidos.


Apocalipse do histrionismo en Telecinco

“La Tribu” (Telecinco, 22.30 h.)

Sociedade 17/04/2009
  Envía a túa opinión

Así como o Cid gañaba batallas despois de morto, Telecinco decidiu obrar a resurrección de Xavier Sardá para que exerza de “oh, capitán, meu capitán!” na longa travesía e noite de pedra da audiencia minguante que está a afectar á canle amiga, cuxos shares coñeceron tempos mellores. Así que mentres descargan lume pesado preparando toda a batería de realities da súa propiedade, poñen á fronte do seu proxecto insignia para a tempada ao responsable de “Crónicas Marcianas”, que guste ou non, revolucionara a televisión en España (un non sabe se para ben), para que entregue unha versión 2.0 daquel éxito rebautizada como “La Tribu”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros