Publicidade Dia dos Medios en galego
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 22 de Febreiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Con ese coche, de seguro que entran ata a cociña

“Comando Chef” (TVG, 21.45 h.)

Sociedade 16/04/2009
  Envía a túa opinión

Ser un bo anfitrión non é cousa sinxela e recibir na casa visitas coas que non contabas, en función do aprensivo que sexa cadaquén, pode situarnos ao borde do ataque de nervios. A cousa enléase se, ademais, che aparecen no piso con intención de cear. Os que sexan resoltos no manexo das viandas da neveira, as potas e os condimentos, mesmo poden gozar co reto de improvisar un piscolabis para os convidados inesperados, mais eu tería un grave problema, e é que non todo o mundo sabe apreciar as virtudes do precociñado e o microondas que en tempos de apuro me fixeron medrar ben mantido e con este corpo esplendoroso que gasto.  Pois a nova estrea da TVG, “Comando Chef” consiste precisamente niso: pétanche na porta da casa e séntanche á mesa, de súpeto, a un comensal sorpresa que, ademais, será unha celebridade.


“Fiesta, que fantástica, fantástica es la fiesta”

“Saturday Night Live: Rafaella Carrá” (Cuatro, 22.30 h.)

Sociedade 15/04/2009
  Envía a túa opinión

Se eu fose perruqueiro de mulleres, quixera ter de clientas perpetuas a dúas que me farían a vida moito máis sinxela: a presentadora do Telediario da Televisión Española, Ana Blanco, e a showwoman italiana Rafaella Carrá. Non habería malgastar con elas un golpe de tesoira, pois abondaría facer un molde do seu peiteado, chantarllo na cabeza e recortar o sobrante. Anos e anos de exposición televisiva non conseguiron mover nin un cabelo deses flocos rectos e esa melena tesa das dúas estrelas catódicas, o cal é unha demostración evidente de que a moda é un fenómeno cíclico e, como dicía un escritor, quen resiste gana.


Velaí o colega de Eduardo Manstesoiras

“El hormiguero: Hugh Jackman” (Cuatro, 21.30 h.)

Cultura 14/04/2009
  Envía a túa opinión

Quedei o outro día sen falar da película “Lost in translation” porque escollín facelo de “Granjero busca esposa”, pero nesta cadea miña de despropósitos, hoxe voume a referir ao filme de Sofia Coppola para recomendar a emisión de “El hormiguero”. Aínda que non o pareza e eu mesmo o esqueza ás veces, sei que hai un propósito nisto. Na devandita longametraxe, un dos momentos máis risibles é o que amosa a visita de Bill Murray, que interpreta a un actor de viaxe profesional no Xapón, intervindo con fins promocionais nun tolo show da televisión nipona. O presentador, unha mestura imposible entre o condutor de “Cabaret”, Punky Brewster e Madame Butterfly, trastorna ao incauto do estadounidense que acaba facendo canta estupidez lle mandan se decatarse da misa a media. A escena dá par moita risa e sobre os seus alicerces constrúense todos e cada un dos minutos das visitas internacionais que, de cando en vez, recibe o programa “El hormiguero”.


“Teño un traballo: liquídame a Horacio Casares”

“Matalobos” (TVG, 21.30 h.)

Sociedade 13/04/2009
  Envía a túa opinión

Así como se recollen os pasos procesionais, así marcha tamén Horacio Casares da grella da canle pública galega. A cuarta tempada de “Padre Casares” bota o fecho esta noite, cando contaba con máis audiencia, e ata a súa volta, aló polo mes de setembro, deixa ao rabaño dos luns pola noite na TVG a cargo dun novo pastor. Non deberan ter medo ás ovellas se atendemos ao nome do novo patrón: “Matalobos”. Ese apelido gasta o clan familiar protagonista dun narcomelodrama que ten o reto de atraer aos seguidores dunha comedia amable, como a de Santo Antonio de Louredo, cara un thriller policiaco.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros