Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Xullo de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

Competición de bolos celtas

Norte e sur de Galicia atópanse en plena disputa da Liga de Bolos Celtas

Deportes 27/04/2009
  Envía a túa opinión

Máis dunha vintena de equipos e 300 deportistas forman parte da Federación Galega de Bolos. Non obstante, resulta practicamente imposible cuantificar o número exacto de afeccionados a este deporte porque son moitos os que toman parte nel de xeito non oficial. Os federados contan cun calendario competitivo moi intenso que practicamente non lles deixa ningunha fin de semana libre desde febreiro ata setembro e que se compón da Liga galega, do Campionato galego, do Campionato estatal e da Copa Intercontinental.


Os rapaces inícianse no karate desde moi novos

O karate, un exemplo de deporte 100% de base

Deportes 24/04/2009
  Envía a túa opinión

Vigo acolle este sábado a Festa Infantil do Karate. Unha cita na que están presentes máis de 300 deportistas dos sete clubs da cidade e das escolas municipais do concello. Un evento que trata de achegarse á base e transmitir aos máis novos que a práctica deportiva ten un gran valor social. Os rapaces comezan moi novos nesta disciplina deportiva. En moitos colexio inician aos seus alumnos ao redor dos cinco anos. Non obstante, a Federación Galega de Taekwondo comeza a traballar na súa tecnificación a partir dos dez anos.


Ezequiel Mosquera competirá na Volta a Asturias

Ezequiel Mosquera prepararase na Volta a Asturias para o Giro

Deportes 23/04/2009
  Envía a túa opinión

O líder do Xacobeo Galicia, Ezequiel Mosquera, mancábase no pulso hai uns días tras sufrir un accidente doméstico. Unha lesión que estraga a preparación prevista para a edición centenaria da carreira transalpina. Os cambios nos plans levarán a Mosquera a competir na Volta a Asturias a partir do martes xa que a magoadura que lle impide apoiar ben na guía da bicicleta non parece grave.


Buzo e David Cal tras chegar á meta

José Luís Bouza “Buzo” acaba co liderado estatal dos últimos sete anos de David Cal

Deportes 22/04/2009
  Envía a túa opinión

José Luís Bouza, máis coñecido como “Buzo”, foi o gran protagonista da regata de Asturias, celebrada hai uns días, ao conseguir o triunfo en c-1 1.000 metros, superando ao tetra medallista olímpico, David Cal, por máis de tres segundos. O éxito de Buzo supuxo a primeira derrota en sete anos de Cal en España na distancia olímpica. Ademais deste triunfo, o padexeiro do Kaiak Tudense conseguiu tamén o triunfo en c-2 con Daniel Costa.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros