Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 23 de Xaneiro de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

A Denominación de Orixe Monterrei súmase ao proxecto europeo “Viño con moderación”

Sociedade 14/04/2009
  Envía a túa opinión

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei adheriuse ao Programa Europeo Viño con moderación. Trátase dunha iniciativa do sector vitivinícola comunitario, cuxo obxectivo é promover a responsabilidade no consumo de bebidas alcohólicas. O programa Onda Rural informou sobre esta campaña e afondou na realidade dos viños de Monterrei.


O de palleiro é o can de granxa por antonomasia do rural galego

Cans de pura raza galega

Sociedade 13/04/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

Catro son as razas caninas autóctonas que temos en Galicia: o perdigueiro galego, o guicho, o podengo galego e o can de palleiro. O programa Onda Rural repasou as características e o estado actual de cada unha delas, ao tempo que informou dos proxectos postos en marcha para a súa recuperación.


Quiroga celebra a vixésimo sétima edición da súa Feira do Viño

Sociedade 08/04/2009
  Envía a túa opinión

Non todo son propostas relixiosas nos días festivos que temos por diante. A axenda desta fin de semana ofrece tamén oportunidades para gozar dos nosos produtos de calidade. En Quiroga homenaxean ao seu viño, que se elabora seguindo as técnicas tradicionais, e en Pedrafita do Cebreiro exaltan o seu queixo con denominación de orixe, caracterizado por ser totalmente natural. O programa Onda Rural achegouse a estas dúas citas.


Galicia traballa pola recuperación dos burros

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

O burro, ese animal tradicionalmente presente nas casas do rural galego, está a padecer un proceso de abandono. Reducíndose notablemente o número de exemplares desta especie e, como resposta a esa tendencia, estanse a pór en marcha diversas iniciativas para a súa valorización e recuperación. O programa Onda rural centrou a súa atención neste asunto e informou sobre os proxectos da Asociación Nacional para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Raza Asnal(ANDREA).

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros