Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Domingo 22 de Abril de 2018

Programas > Sonsdenós

Información do programa Novas do programa

A zona vella de Madeira permanece anegada

32 mortos polo temporal en Madeira

Sociedade 20/02/2010
 19 comentario/s - Envía a túa opinión

32 mortos e 68 feridos é o balance provisional dos efectos do temporal na illa de Madeira en Portugal. O goberno regional preparou aloxamentos provisionais para 200 persoas. Ducias de coches foron arrastrados, inundáronse casas, comercios e edificios públicos. As estradas permanecen cortadas en numerosos puntos e o aeroporto do Funchal permanece fechado. O vento e a choiva foron especialmente intensos entre as 9 e as 10 da mañá.


Rodrigo Leao & Cinema Ensemble

Rodrigo Leao & Cinema Ensemble, volven a España para presentar "A Mâe"

Sociedade 03/02/2010
 14 comentario/s - Envía a túa opinión

Rodrigo Leao, un dos compositores portugueses contemporáneos máis recoñecidos tanto dentro como fóra do seu país volve a España da man do seu fiel Cinema Ensemble para presentar o seu novo álbum, "A Mâe". Un disco gravado en movemento, ao xeito dun caderno de viaxes, que nos trasportará a lugares máxicos como Goa, Nova Iorke, Italia ou a súa Lisboa natal.


Actuación de U2 en Berlín

U 2 protagonizou a xira máis popular do 2009

Cultura 01/01/2010
 2 comentario/s - Envía a túa opinión

Os de U2 ofrecerán neste 2010 4 concertos na Península Ibérica. Actuarán o 26 de setembro no estadio de Anoeta en San Sebastián, o 29 de setembro no estadio olímpico de Sevilla e o 2 e 3 de outubro en Coimbra. Para os concertos de Portugal xa está todo vendido, mentras que para os de San Sebastian e Sevilla, ainda hai entradas segundo indican na páxina web do grupo. U2 comezará a súa xira 360º o 6 de xuño en Anaheim (US) e finalizarán o 8 de outubro en Roma.


Cartaz da obra

O mundo ao revés dos contos infantís

Sociedade 20/12/2009
 5 comentario/s - Envía a túa opinión

"Um capucho, dois lobos e um porco vezes três" é o espectáculo infantil que o Theatro Circo de Braga acollle hoxe ás 4 da tarde e mañá luns ás 11 da mañá e ás 3 da tarde. A directora e autora da obra é a actriz Sónia Baptista que presenta esta representación nunha nova edición do festival “Infanta”. Unha peza que resulta da sorprendente fusión de dous dos contos infantís máis coñecidos : Caperuchiña vermella e os Tres porquiños.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros