Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 19 de Xuño de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Falete: pimp my ride

“Famosos al volante” (La Sexta, 21:30 h.)

Sociedade 04/05/2012
  Envía a túa opinión

Cómpre non deixarse levar polo complexo de superioridade, que pode afectar a un escollido grupo de homes no mundo: o presidente dos Estados Unidos de América, os amantes de Scarlett Johansson e os profesores de autoescola, a estes últimos con especial intensidade. Ao cabo, eles e non outros gobernan o principal rito de iniciación das sociedades occidentais do primeiro mundo. Aínda existen tribos no planeta que para consagrar novos adultos obríganos a cazar un león coas mans baleiras ou a inzar o corpo de escarificacións e tatuaxes sen anestesia. Nós temos que aprender a conducir. E supervisando o proceso, como feiticeiros da comunidade, brazo por fóra da ventá, pé no freo suplementario e sorriso displicente, están os da autoescola, cancerbeiros no acceso a un mundo cheo de estimulantes relatos sobre potencia de motor, fazañas veloces á vista de radares, discusións de Fórmula 1 e saetas dedicadas ao caro que vai o prezo da gasolina. Aí queren ingresar un feixe de famosos para gozo dos telespectadores.


That`s entertainment

“O clan dos impostores” (TVG, 22 h.)

Sociedade 03/05/2012
  Envía a túa opinión

Cando San Pedro vaia chamando a filas e teña que facer balance de como gocei o tempo finito da miña vida, agardo non ter que me arrepentir de moitas cousas. Aínda que pasase a metade del durmindo, para min iso é un goce ao que non estou disposto a renunciar. De entre as horas sobrantes, unha boa medida de satisfacción sairá da comparanza entre o tempo que pasei facendo o que quixen e o que tiven que gastar facendo o que outros quixeron que fixera. Se gaña a primeira variable, entón non haberá queixa. A auténtica traxedia chegará ao detraer desa mesma conta os miles de minutos estragados en pasatempos de dubidoso proveito. Aí vira ao drama, ao lembrar  mentres camiño entre nubes o día que vin a Pili Pampín limpando sumidoiros ou a Óscar Pereiro facendo de acólito.


Bielsa presidente

“Fútbol: Athletic Bilbao – Real Madrid” (La Sexta, 22 h.)

Deportes 02/05/2012
  Envía a túa opinión

Coinciden en Marcelo Bielsa dous problemas fundamentais: a) é arxentino, e xa que logo non lle doeron prendas en celebrar publicamente a expropiación de YPF; b) dirixe ao Athletic de Bilbao, un equipo de fútbol que funciona como enorme depósito da identidade vasca, da mesma maneira na que o Barça, tal e como explicaba Vázquez Montalbán, era “o exercito desarmado de Cataluña”. Estas dúas cuestións, porque o patrioterismo ten esas cousas, imposibilitan calquera perspectiva de éxito do adestrador nunhas eleccións á Presidencia do Goberno de España. Agora ben, deixando os pendóns de cores fóra, non poucos estarían máis satisfeitos baixo o mando dun home en chándal que ofrece dúas melloras fundamentais respecto ao Executivo vixente: a) é un traballador incansable, analítico e sensato, por moito que o alcumen “El Loco”; b) logo da traizón dun “off the record” por parte dun xornalista, decidiu non volver conceder entrevistas, mais a cambio atende pacientemente a todas as preguntas que lle formulan en rolda de prensa e expón polo miúdo, cando así llo requiren, cada unha das súas decisións, sen límite de tempo e sen fuxir do micrófono. Agora só lle restan 11 millóns de votantes.


Poñerse a parir

“Baby boom” (La Sexta, 22:30 h.)

Sociedade 27/04/2012
  Envía a túa opinión

A maternidade, esa experiencia. Esa que só son capaces de sentir as mulleres e, polo que parece, Alberto Ruiz Gallardón, os bispos e os socios de Red Madre. A maternidade como marabilla que non parece humana, senón divina, como fogos artificiais da química celular. Tamén como maxia que non poderían replicar nin Houdini nin David Copperfield (este último só de maneira vicaria no seu día con Claudia Schiffer). A maternidade como musa das artes, esculpida en mármore de Carrara, pintada en lenzos relixiosos ou fotografada para a portada da “Vanitiy Fair” en forma de Demi Moore espida e sobredimensionada. O feito de parir como campo de probas das terapias alternativas, agora na piscina, agora con drogas, agora abaixada sobre as pernas, agora con música de Mozart. A maternidade como ocasión para probar, pai orgulloso, a nova cámara de vídeo en alta definición antes de desmaiarse ou de deixar que o fagan os cámaras de La Sexta e que o cordón umbilical do teu neno sexa o máis fermoso da televisión.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros