Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Portada de “Alfaias”

Fanny + Alexander volven con máis anarquía creativa en “Alfaias”

Cultura 19/05/2009
  Envía a túa opinión

Nun momento no que o idioma galego está máis de actualidade ca nunca, o dúo compostelán Fanny + Alexander agasállannos con temas como “Artefacto Burbur”, unha adaptación ao pop electrónico dun poema de Igor Lugrís que versa sobre as linguas minorizadas e no que colabora coa súa voz Carlos Valcárcel de Projecto Mourente. Non obstante, este é só un dos 11 obsequios que ofrece o novo e terceiro álbum dos santiagueses, Alfaias. Unha aposta novamente polo pop galego máis contemporáneo e por “unha experimentación que resulte comprensible a todos”, como comentou en Radiofusión o 50% deste proxecto musical, Noel Feáns.

 

 


Non renunciamos á lingua galega, berraban os manifestantes en Santiago de Compostela

As Letras máis quentes

Cultura 19/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Antón Reixa, Miguel de Lira, Enrique Alvarellos, estudantes de Filoloxia, pais e nenos e cidadáns en xeral pasaron polos micrófonos de Radiofusión o pasado domingo no programa especial das Letras Galegas. Unha reportaxe sobre Ramón Piñeiro e entrevistas con Alexandre Banhos e Carlos Callón completaron un espazo no que tamén se retransmitiu a manifestación convocada pola Mesa pola Normalización Lingüística.


Máis de 200 autobuses e numerosos coches particulares bloquearon as peaxes de autopista nos accesos a Compostela

Callón: Se o PP insiste na crispación, haberá folga xeral no ensino

Sociedade 18/05/2009
  Envía a túa opinión

"Se o Partido Popular insiste na crispación e na chulería, verémonos obrigados a convocar unha folga xeral no ensino a comezos do vindeiro curso" afirmou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística Carlos Callón, un dia despois da multitudinaria manifestación de Compostela. Callón insistiu no amplo consenso que existe na comunidade educativa arredor do decreto do galego, "respaldado polos sindicatos que representan ao 90% do profesorado, pola totalidade das asociacións de estudiantes, polas ANPAs e pola Federación de Centros Relixiosos" manifestou.


Black Gandhi

Black Gandhi inauguran as Festas da Ascensión

Cultura 18/05/2009
  Envía a túa opinión

O paseo Central da Alameda de Compostela acolle a partir das dez da noite de pasado mañá mércores o inicio das Festas da Ascensión. A orquestra Ciclón será a encargada de inaugurar os festexos. Unha hora máis tarde, no Campus Sur, chegará a quenda do rock&roll co directo de Los Delinqüentes e Liridade Noctámbula, banda gañadora da sección “Outras músicas”, dentro do II certame de MúsicaXove. Xa contra a medianoite, na praza do Toural, música e compromiso social únense na actuación de Black Gandhi, agrupación composta por seis artistas especializados no reggae e o rocksteady, mais cunha raíz musical que se introduce profundamente no funk, o rock e o gospel.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros