Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Se non fose polos lentes diría que é Kenny G

“Callejeros: control” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 08/04/2009
  Envía a túa opinión

Malia que ao principio impactara polo seu achegamento a pé de rúa e o verismo das súas imaxes, que nos situaban diante dos fociños a marxinalidade que vive á volta da esquina das nosas casas, hai tempo que “Callejeros” gastou a fórmula e, como o acróbata que está a piques de partir a crisma engadindo máis risco ao seu número, tan só se preocupa de inzar o puro espectáculo e pouco de procurar temas novos de denuncia.


Vicent: da Malvarrosa ás capitais literarias

“Un paseo por la memoria” (La 2, 22 h.)

Cultura 07/04/2009
  Envía a túa opinión

A chamada literatura de viaxes non deixa de implicar unha redundancia innecesaria. As máis das veces, a lectura implica un desprazamento da nosa conciencia a lugares afastados, de tal maneira que, como din as campañas infantís de estímulo lector, o libro é o medio máis barato de transporte e o que máis lonxe nos pode levar. A literatura pode construír lugares novos, erixir cidades con arquitectura que non precisa argamasa e facelas esmorecer coa mesma facilidade, pero tamén toma apuntamentos ao natural e plaxia escenarios verdadeiros. Así as cousas, de tan narradas como están, hai cidades que cheiran a tinta polas súas rúas, como é o caso de Praga, unha das catro urbes que protagonizarán “Un paseo por la memoria”, a nova serie documental de La 2 que se estrea esta noite.


Velaquí os Rodolfo Valentino da primeira edición

“Granjero busca esposa” (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 06/04/2009
  Envía a túa opinión

A un gustaríalle poñerse tenro e recomendar hoxe “Lost in translation”, o filme de Sofia Coppola que pasa ás dez da noite La 2: unha fábula romántica de dúas persoas arrincadas do tempo e tiradas nun lugar estraño que durante uns días se teñen o un ao outro e non precisan das palabras, que de cote o estragan todo. Mais en troques de falármonos de sutilezas, cómpre ser xustos e atender ao regreso do programa revelación da tempada que, na súa primeira edición, tamén foi un breviario do romance, pero máis baseado no rozamento animal que na insinuación. “Granjero busca esposa” retorna ao prime-time de Cuatro convertido en programa de culto.


Cerebro en “stand-by” e a gozar

“El último boy scout” (TVE, 23 h.)

Sociedade 03/04/2009
  Envía a túa opinión

Imaxinemos unha situación que ten pouco de ficticia. Remata a semana laboral, chego pola noite de volta a casa coas pálpebras transformadas en chumbo, desboto plans sociais porque non teño corpo nin ánimo de festa e tan só penso en sentar no sofá e ver o que boten na televisión intentando non ficar durmido á mesma hora que os Lunnis. Cal sería a película que terían que pasar para evitar a inevitable decadencia finisemanal do currito? Nun mundo ideal, para min sería a que pasa esta noite Televisión Española: “El último Boy Scout”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros