Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 23 de Abril de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Radiofusión acudiu con pancartas e retransmitiu a marcha

Entre 20.000 e 50.000 persoas na marcha da lingua galega

Cultura 17/05/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

A Mesa pola Normalización Lingüística colgou na súa páxina web unha nova na que cifra en 50.000 persoas o número de asistentes á manifestación das Letras Galegas que este mediodia percorreu as rúas de Santiago de Compostela. O periódico Xornal de Galicia calcula que acudiron 40.000 manifestantes, mentras que El Correo Gallego fala de "caseque 20.000". Todos os medios coinciden en sinalar a protesta como a máis concurrida das celebradas arredor do idioma galego.


Praza da Quintana este mediodia

Compostela acolleu a maior manifestación da historia en defensa do idioma

Sociedade 17/05/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, asegurou no discurso previo á lectura do manifesto na Praza da Quintana que a manifestación deste 17 de maio foi histórica, con polo menos 40.000 asistentes, fronte aos 25.000 do ano pasado. “Sempre en Galiza. Sempre en galego” ou “Temos dereito. Temos lingua” son algún dos lemas que se berraron na mobilización. Unha cita festiva, marcada polo anuncio da Xunta de derrogación do decreto do galego, que apoiaron multitude de persoeiros galegos. Os cidadáns non se esqueceron do novo goberno e, por iso, entre as frases máis oídas tamén estivo “os conselleiros son analfabetos do galego. Que aprendan, que aprendan”.

 


Manifestación das Letras Galegas do 2008 na Praza da Quintana

17 maio: Falemos como galeg@s

Cultura 17/05/2009
  Envía a túa opinión

Contra a desaparición do idioma galego. Ese podería ser o lema da manifestación do Dia das Letras Galegas, convocada ás 12 do mediodia na Alameda de Santiago de Compostela pola Mesa pola Normalización Lingüística. Segundo os convocantes da marcha, a nosa lingua corre claro risco de desaparición. 30 anos de democracia eliminaron máis galegos falantes que os 40 anos de dictadura, segundo afirman.


Alfonso S.Palomares publicou unha completa biografía de Felipe González

Alfonso S.Palomares cos empresarios galegos en Madrid

Sociedade 16/05/2009
  Envía a túa opinión

O próximo 21 de maio, xoves, terá lugar o xantar con motivo do Xoves Aegama que, cada dous meses, celebra a Asociación de Emresarios Galegos en Madrid, co fin de crear un lugar de encontro e negocio para todas as empresas vinculadas a esta asociación. O invitado de honra nesta ocasión é Alfonso Sobrado Palomares, que, ata hai uns días, era director da Casa de Galicia en Madrid. Durante o evento, falará non só da súa experiencia como empresario da comunicación, senón tamén da galeguidade e da cultura galega na globalización.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros