Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Rossi: cando o 46 é o número 1 indiscutible

“Paddock GP” (La 2, 23.30 h.)

Deportes 02/04/2009
  Envía a túa opinión

Antes de saber da existencia de Fernando Alonso, o único motor do que falaba o televidente medio era o das motos de 500 cc. O das dúas rodas segue a ser un espectáculo multitudinario que, por máis que se esforce, non posúe o glamur da Fórmula 1 e, se cadra por aí perde a batalla da audiencia. Con todo, no longo prazo, está claro que en resultados deportivos para as vitrinas españolas sempre van a chover máis títulos dunha disciplina cun viveiro infinito de competidores que depuran o seu estilo todas as noites de fin de semana en polígonos industriais facendo cabaliños coas súas scooters con “tubarro trucao”. A televisión pública sábeo e por iso aproveita para vender o produto con todos os medios ao seu alcance: entre eles, o programa especial “Paddock GP” que emite unha última previa antes do inicio do campionato do mundo de velocidade en Qatar.


“Ayatola, no me toques la pirola”

“Buenafuente: Salman Rushdie” (La Sexta, 22 h.)

Cultura 01/04/2009
  Envía a túa opinión

A sensibilidade dos islamistas radicais está a flor de pel. Que llo digan ao humorista danés responsable da tira cómica protagonizada por Mahoma ou aos responsables da publicación humorística “Charlie Hebdo”. Eles foron os responsables de ocasionar estados de ánimo alterados na comunidade máis fanática e un auténtico despelote internacional, con queima de embaixadas e altercados protagonizados por uns devotos relixiosos algo máis excitables que as beatas de misa de 12 que coñecemos por aquí. Así as cousas, sabendo que a relixión non é precisamente de risa fácil, está por ver se Andreu Buenafuente se autocensura esta noite na que será unha das entrevistas de máis sona que leva feito nas 600 emisións do seu “show” que conmemora esta noite.


Cen capítulos aturando o abuso verbal

“House” (Cuatro, 22.15 h.)

Sociedade 31/03/2009
  Envía a túa opinión

Hai algúns aos que a palabra “centenariazo” aínda nos fai estremecer. Iso mesmo, amargar a festa do favorito, é o que fará a doutora Cuddy no episodio número 100 da serie “House”. Nun programa que se cadra debera ter rematado hai 50 episodios e no que tan só as boas interpretacións e os finais de tempada tipo cantil, eses nos que te deixan pendurado agardando unha resolución ata a seguinte xeira de capítulos, xustifican a supervivencia, as novas ideas son tan precisas como a auga no deserto. Así as cousas, en troques de organizar algo especial, o capítulo centenario tan só fai unha lixeira mudanza nos roles pero que resulta definitivamente subversiva no universo “House”: o maltratador pasa a ser o maltratado.


“Matías Prats, make my day”

“La buena noticia del día” (Antena 3, 21.30 h.)

Sociedade 30/03/2009
  Envía a túa opinión

Nalgún momento, o xornalismo decidiu que as noticias sempre son malas. Perante o xornal ou o informativo da radio ou a televisión non existe esa posibilidade de escolla que se conta nos chistes e nas películas: “Teño dúas novas que darche, unha boa e outra mala. Cal queres escoitar primeiro?”. Cando se trata de aprender o que aconteceu na actualidade, xa só cabe agardar desgrazas. Isto, o de que os informativos parecen unha versión moderna de “El Caso”, é unha idea máis ou menos común. Pénsano os espectadores, pero tamén os profesionais. Caso contrario, non existiría a necesidade de crear un espazo distinguido no telexornal de Antena 3 que se vai a chamar “La buena noticia del día”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros