Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 19 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Neeeeno, cúrrate un joint”

“21 días fumando porros” (Cuatro, 23.30 h.)

Sociedade 27/03/2009
  Envía a túa opinión

Un amigo e máis eu, algunha vez que outra, cando nos xuntamos, recordamos a primeira vez que escoitamos falar da marihuana. Estabamos xogando un partido de baloncesto e nun banco, un pequeno matón xuvenil ordenáballe a un colega, en perfecto dialecto koruño, “neeeeno, cúrrate un joint”. Nós, cándidos e inexpertos aínda tardamos un tempo en descubrir que aquilo era unha forma culta nos cenáculos porreiros para comandar a preparación dun canuto. Dende aquel día, como todo o mundo, non deixamos de escoitar debates con defensores e detractores dunha droga, o cannabis, sobre cuxas verdadeiras propiedades non hai acordo definitivo. Agora chega Samanta Villar, a intrépida reporteira de Cuatro, a tentar resolver a cuestión acudindo á súa particular metodoloxía de traballo: “eu son a noticia”, o cal que quere dicir que se vai poñer cega a fumar trujas durante 21 días.


El Golosina: supervivente e musa dun éxito de Antonio Flores

“Supervivientes” (Telecinco, 21.45 h.)

Sociedade 26/03/2009
  Envía a túa opinión

Como nos gusta ver sufrir aos privilexiados! Sabémolo dende o éxito daquel ‘culebrón’ de nome incomparable, “Los ricos también lloran” e tamén o lembramos cando as portadas de todos os xornais do mundo repiten nunha secuencia de imaxes a cambadela coa que Fidel Castro case se esnafra ou o momento no que un colectivo ecoloxista emporcalla cun pastel ou calquera outra cousa pegañenta ao político reaccionario. No sadismo con conciencia revolucionaria de clase agóchase o ‘leit-motif’ de programas como “Supervivientes” que xa botou a andar un ano máis en Telecinco.


Ana Pastor é a única que se pode permitir estar cómoda no debate

“59 segundos: crisis soluciones” (TVE, 22 h.)

Sociedade 25/03/2009
  Envía a túa opinión

Se eu fose Ana Pastor, estaría que non me colle o peito na camisa. A fin de contas, non queda nada mal no currículo presumir de que fuches quen de facer no teu programa de televisión o que aínda non fixo o presidente do Goberno e, de paso, conseguir un fito inédito na televisión. O ministro de Traballo, o voceiro da oposición en materia económica, os presidentes da patronal da gran e tamén da pequena e mediana empresa, es os secretarios xerais dos dous sindicatos maioritarios xúntanse por vez primeira ante as cámaras e compoñen un foro que aínda non se reunira nas ágoras políticas. Ante un éxito deste calibre, mesmo se lle perdoa aos responsables de “59 segundos” que procurasen un título tan pretensioso para a edición desta noite: “Crisis: soluciones”.


Dolph posa en cueiros ao estilo grecorromano

“Noite de cine” (TVG, 22.10 h.)

Cultura 24/03/2009
  Envía a túa opinión

O último gran fenómeno comercial son os chamados “outlets”, que é o mesmo que referirse a tendas en perpetuo estado de rebaixas como era a mítica Saldos Arias pero en inglés, que sempre viste moito máis. Antano as tendas de saldos eran redutos de roupa algo ‘perralleira’ e pasada de moda había tres ou catro tempadas. Agora son uns grandes almacéns da rebaixa aos que hai que acude en multitudinario rabaño a fin de semana, así quede a centos de quilómetros da súa casa. Liquidar restos e congregar a milleiros tamén debe ser o propósito da Televisión de Galicia, que pon en práctica o ‘outlet’ televisivo despachando en pouco máis de tres horas dúas películas desas que os programadores deben mercar en lotes de oferta ás distribuidoras.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros