Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 22 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

“Tom-tom-tómbola”

“Marisol” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 23/03/2009
  Envía a túa opinión

Postos a falar de nenos prodixio, o meu favorito entre os do cine español sempre foi Jorge Sanz, a quen, visto o seu desenvolvemento físico posterior e o que tivo Arnold Schwarzenegger, custa imaxinar que pasar por ser a versión infantil de “Conan o Bárbaro” naquel festival de sangue e desmembramentos. Poucos son os que comparten a miña opinión, pero hai outros repelentes infantís condenados ao ostracismo: logo da súa derrota eurovisiva a mans de Soraya, xa ninguén se preocupa por Melody; nada sabemos tampouco de Rayito, o pequeno xenio da guitarra flamenca quen, con cinco anos xa tiña os dedos gordos como chourizos e agora, se seguiu medrando, non sería de estrañar que cada vez que pousa unha falanxe no traste pise catro cordas a un tempo.


Velaí unha parte do meu autorretrato para as fans

“Comando actualidad: El precio de adelgazar” (TVE, 22 h.)

Sociedade 18/03/2009
  Envía a túa opinión

O corporativismo é unha das cousas máis aburridas que existe. Abonda que se xunten varios do mesmo gremio para non falar doutra cousa que non sexa o traballo. Así que unha boa cuadrilla ten que ser, por definición heteroxénea. O ben que estaría ter un amigo adiviño, ao que lle puideras facer calquera tipo de consulta sobre o porvir. Ningún dos meus colegas ten aire de Octavio Aceves ou Rappel, pero si teño un que non dá abasto coas consultas e posúe o coñecemento dalgúns misterios que manteñen a moitos en vela: é endocrinólogo. Ao paciente do home téñoo visto aturar baterías de preguntas respecto a alquimia das dietas e explicar o proceso polo que ningún réxime con chocolate adelgaza ou por que os remedios máxicos acaban aloxados sen remisión no ‘michelín’ de flotación do bandullo.


Petrovic ou o feitizo da Croacia de preguerra

“Paraísos cercanos: El Mediterráneo tal como era” (La 2, 22 h.)

Sociedade 17/03/2009
  Envía a túa opinión

Para ser tan só un mar, o Mediterráneo sempre tivo mellor prensa que o océano Atlántico. Por cada vez que se fala do litoral noso, noméase cinco ou seis a ese caldo que baña o sur de Europa. Por cuestión de orgullo localista sempre botei en falla un himno ben cantando para as nosas praias con algo máis de “punch” que a “Rianxeira”, que só presta para cantar a coro. En troques, os do leste contan coa canción de Serrat, que non envellece e mesmo é capaz de emocionar aos que non viron nunca o mar. A esas costas se lles dedica a serie “El Mediterráneo tal como era” que se insire na programación documental de “Paraísos cercanos”.


Un francotirador miope presaxiaba o fracaso do crime

“Una bala para el Rey” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 16/03/2009
 1 comentario/s - Envía a túa opinión

Que me aspen se non se estrea unha miniserie española á semana dende hai meses! Estes proxectos que se anuncian como grandes producións e se ventilan en dúas noites deben de estar a dar grandes resultados de audiencia e para os executivos deben resultar unha boa terapia desestresante: como só duran dous capítulos xa non lles dá apuro o de fulminar unha serie no segundo episodio no caso de que non cumpra cos requisitos do “share”. Ademais xa descubrimos outra cousa: hai dentro delas un subxénero que chamaremos “Juan Carlos I, superheroe de España”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros