Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Gary Moore en concerto

Gary Moore volve a Galicia despois de 15 anos

Cultura 11/05/2009
  Envía a túa opinión

O guitarrista irlandés Gary Moore presenta ás dez e media desta noite en Santiago o seu último disco Bad for you, baby. O concerto terá lugar no Multiusos Fontes do Sar. O recinto abrirá as portas ás oito e media da tarde e unha hora máis tarde Otis Taylor comezará a animar aos asistentes cos temas do seu último traballo Recapturing the Banjo. Logo será a quenda de Moore que ademais de novos temas tamén lembrará os grandes éxitos do seu repertorio na única cita deste músico en terras galegas.

 


 


Jorge Llorca é profesor na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña

O´salto do can de Jorge Llorca, a memoria escrita nos mármores dunha taberna

Cultura 11/05/2009
  Envía a túa opinión

O´salto do can fai referencia a unha taberna na que Ponciano limpa as mesas cada mañá.  Habitualmente pasan centos de historias polos mármores das tabernas, dalgunhas queda pegada e outras desaparecen nada máis pasarlles o pano. Pola novela de Jorge Llorca desfilan un sinfín de personaxes acompañados dos seus respectivos soños e manías; un perruqueiro, que soña con Fred Astaire ou Dorita que quere traballar no barrio do Papagaio.


Susana Sánchez nos locais do Círculo Mercantil

Susana Sánchez Aríns, a homenaxe á parte menos visible da casa

Cultura 10/05/2009
  Envía a túa opinión

Susana Sánchez Aríns presentou en Fene o libro (De)construçom, galardonado co XXI Premio Nacional de Poesia Pérez Parallé e publicado por Edicións Espiral Maior. "Co libro quixen facer unha homenaxe a esa parte menos visible da casa, porque sempre se fala do fogar como algo abstracto, pero nos seus cuartos, nas súas paredes, nas súas portas hai grandes historias" afirmou a poeta, profesora na actualidade no Instituto da Illa de Arousa.


O valenciano compuxo o emblemático tema con 19 anos

Medio século co corazón “al vent”

Cultura 08/05/2009
  Envía a túa opinión

Malia que foi editada en disco no ano 1963, conta Raimon que el xa cantaba ao vento hai medio século, cando tiña 19 anos. Na fin da adolescencia e, se cadra da inocencia, en 1959, o cantautor valenciano escribiu “Al Vent”. O zoar do aire na faciana, tal e como canta no primeiro verso, evoca unha fonda sensación de liberdade, xusto o que precisaba unha mocidade que aínda había aturar por moitos anos a sombra do franquismo.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros