Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 24 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Alaska: musa da modernidade

“Premios de la Música” (La 2, 22 h.)

Cultura 13/03/2009
  Envía a túa opinión

O “pezón-gate”, aquel escándalo que se montara nos Estados Unidos, cando Janet Jackson deixara que Justin Timberlake lle descubrise unha teta en plena retransmisión do espectáculo máis millonario da televisión americana, a Superbowl, serviu de escusa perfecta para modificar algúns hábitos das cadeas. Estableceuse entón o da censura previa nos USA, e calquera gala especial, como a dos Oscar, emitíase con cinco segundo de diferido para poder cortar a tempo calquera palabra malsoante ou calquera protuberancia do corpo que debera manterse baixo a roupa.


Neira e a súa dona antes de ser noticia involuntariamente

“La vuelta a la vida de Jesús Neira” (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 12/03/2009
  Envía a túa opinión

A directora de informativos de Antena 3, Gloria Lomana, é unha muller de xesto serio que só asoma fóra do seu despacho cando hai unha entrevista exclusiva no ‘prime-time’. Ata o de agora, vímola retorcer o aceno ante Zapatero e ser moito máis amable con Rajoy. Cousas da liña editorial. Esta noite tócalle demostrar que, ademais de sensibilidade política, tamén ten a capacidade de simpatizar nunha entrevista social. Co dramático título, non podería ser doutra maneira nunha canle con deriva cara o sensacionalismo, de “La vuelta a la vida de Jesús Neira” emite unha entrevista exclusiva co profesor que se recupera das graves lesións que recibiu cando tentaba defender a unha muller que estaba sendo maltratada pola súa parella.


Hardaway: o rei do \\\'crossover\\\'

“Bones” (La Sexta, 22.15 h.)

Cultura 11/03/2009
  Envía a túa opinión

A cousa vai de ‘crossover’. Os que gozamos coa época dourada da NBA lembramos que se lle chamaba así a finta baloncestística que consiste en pasar o balón rapidamente entre as pernas e cuxo mestre inimitable era Tim Hardaway, un pequeno base anotador, algo pasado de quilos, que xogaba nos sempre divertidos Golden State Warriors. Pero se no xogo da canastra a finta servía para marear ao defensor, o “crossover” televisivo emprégase para enganar á audiencia. Trátase de que o protagonista dunha serie ou espazo televisivo faga unha visita ao universo ficticio doutro programa. Por exemplo, se o doutor House e o seu sarcasmo visitasen o mundo chiripitifláutico de “Yo soy Bea” asistiríamos a unha mestura xenial na que todo o elenco do ‘culebrón’ de Telecinco acabaría a tratamento por crise de ansiedade.


Mr. Shankly: un regueifeiro dos bancos

“Champions League: Liverpool-Real Madrid” (Antena 3, 20.45 h.)

Deportes 10/03/2009
  Envía a túa opinión

De cando en vez dáseme por pensar en que o cine e o fútbol son dúas disciplinas (incluso belas artes para algúns) que comparten méritos. As dúas teñen pouco máis dun século de vida e convertéronse nas mitoloxías máis célebres da época contemporánea, e tamén comparten o feito de que, canto máis medrou a súa influencia e máis se multiplicou a súa presenza, máis mingua a súa calidade. É como a traxedia do doce para os que somos larpeiros: gústanos, pero como te pases, empachas.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros