Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 17 de Xaneiro de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Dende Sor Citroen, o "catro latas" parece o coche oficial da Igrexa

“Trece badaladas” (TVG, 21.40 h.)

Cultura 09/03/2009
  Envía a túa opinión

Os executivos da Televisión de Galicia deben de ter o ceo gañado, ou, como pouco, conseguido algunha bula papal e calquera pecado venial debe estar xa esquecido. Contraditoriamente, mentres medios financiados pola Igrexa católica como a COPE ou Popular TV axudan máis a afastar ás ovellas perdida do rabaño, a canle pública galega está a realizar un proceso de rehabilitación do oficio eclesiástico que fai do día do Señor o luns pola noite e non o domingo pola mañá.


“Eu xa sabía que esa parella non ía durar”

“Versión Española: ‘Tiovivo c. 1950”

Cultura 06/03/2009
  Envía a túa opinión

Unha das cousas máis complexas da vida é xestionar a relación coas túas ex parellas. Durante un tempo, un camiña pola rúa como o neno de “O sexto sentido”, temeroso de que ao dobrar a esquina lle asalte a visión dunha pantasma ou, neste caso, dun romance frustrado. A acción do tempo desgasta ese medo e atenúa as convulsións dos encontros indesexables, pero hai quen non o ten tan doado. Poñamos por caso que a túa ex parella resulta ser unha estrela mediática á que tes que ver día si e día tamén no televisor. Como dás un paso adiante na túa vida sen que se che manifeste unha úlcera de estómago pola exposición constante ao amor frustrado? Iso lle debe pasar as miñas antigas admiradoras que me escoitan na radio, e iso lle debeu pasar reciprocamente a José Luís Garci e Cayetana Guillén Cuervo, que hoxe coinciden de novo na tele.


Actividades extraescolares das bolsas Erasmus

“Repor: Erasmus Paradiso” (TVE, 01 h.)

Cultura 05/03/2009
  Envía a túa opinión

A universidade, como gran institución académica, é algo máis que un centro de estudos. É tamén unha experiencia que vai máis aló das aulas e que debe servir para aprender leccións do catedrático e tamén diso que chaman “escola da vida”. Os estudos universitarios son, para moitos, a primeira oportunidade de emanciparse e saír fóra da casa para ver mundo e coñecer outros lugares e culturas exóticas. Eu, por exemplo, fun a estudar a Santiago de Compostela, e afastado a 60 quilómetros da casa coñecín o mundo da nocturnidade, a aleivosía e as titorías de barra de bar. Hainos que prefiren ir máis lonxe e se inscriben no programa de estudos transnacional Erasmus, que os leva por Europa adiante, e sobre o que investigan os xornalistas de Repor, o espazo documental de Televisión Española.


O retrato é tan perturbador como os seus programas

“Sexo, mentiras y alguna exclusiva” (Antena 3, 22 h.)

Cultura 04/03/2009
  Envía a túa opinión

Un programa para gozar co corazón é o lema co que Antena 3 vende “Sexo, mentiras y alguna exclusiva” o novo espazo para rexoubar que anda colocando por distintas franxas horarias. Para gozar co corazón e para padecer co estómago podería ser a reveladora continuación do leit-motiv. Nin a transformación en ‘ketchup’ do “Tomate” asusta aos executivos na procura da audiencia polos máis baixos instintos e os programadores insisten en xogar ao ‘catenaccio’: ideas conservadoras para garantir un mínimo resultado.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros