Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 19 de Xullo de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Chistopher Bertandeau

En Francia namora a gaita galega

Sociedade 02/05/2009
  Envía a túa opinión

O son e as posibilidades da gaita galega namoraron a Christophe Bertandeau, un francés que aprendeu a tocar o instrumento, e agora quere promover a música e a cultura galega en Francia. Afirma que no seu país, a música celta está de moda e conta entre os seus padriños, con Cristina Pato, Daniel Bellón, Rosa Cedrón, Susana Seivane e Mutenrohi, entre outros.


Cartel do XVI Festival de Cerceda

Zënzar e Machina presentan disco no XVI Festival de Cerceda

Cultura 30/04/2009
 4 comentario/s - Envía a túa opinión

“Son Cerceda 100%”, baixo este lema celébrase este sábado a XVI edición do Festival de Cerceda. Un evento que tradicionalmente viña realizándose en setembro e que neste 2009 trasládase á ponte do 1 de maio para facelo coincidir coa presentación conxunta do primeiro longa duración de Machina, Post-Bravú; e co quinto álbum de Zenzär, A Tribu, aos que se sumará a banda Kastomä e o seu recentemente estreado “Almas da noite”, como comentou en Radiofusión Bocixa, un dos organizadores do evento e vocalista de Zënzar. A festa comezará ás nove da noite con entrada de balde.

 

 


Extraperlo visitan por primeira vez Galicia

Extraperlo aterran no Festival do Norte para presentar un dos discos máis laureados do indie estatal

Cultura 29/04/2009
  Envía a túa opinión

Aleix, Cacho, Borja e Alba son Extraperlo, unha banda nada en Barcelona en 2004 e que neste mes de marzo sacaban á luz o seu primeiro disco con Mushroom Pillow, Desayuno Continental. Un cóctel con reminiscencias de grupos pop dos 80 (Orange Juice, Prefab Sprout...), discos africanos dos 70 e sons tropicais, latinos e, por suposto, mediterráneos. O troque do seu batería por unha caixa de ritmos cambiou a maneira de facer música destes cataláns, que a noite do sábado subirán ao Escenario Caixanova do Festival do Norte, no recinto Fexdega de Vilagarcía de Arousa, acompañados doutras bandas alternativas como La Buena Vida, Noise Project, Vetusta Morla, Delorian ou os británicos The Rumble Strips. Será a primeira vez que a banda actúe en Galicia.

 

 


Volve o universo persoal de Abraham Boba

Abraham Boba presenta “La educación” ao vivo en Lugo

Sociedade 28/04/2009
  Envía a túa opinión

Acompañado dun piano de cola e da súa banda, así estará enriba do escenario do Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo o vigués Abraham Boba, afincado na actualidade en Madrid. O artista presentará o seu novo e segundo traballo, La educación, no que atoparemos cambios na instrumentación con respecto ao seu anterior álbum homónimo. Boba abandona os toques swing para incluír o son das guitarras, inexistentes no seu disco debut, como comentou en Radiofusión.

 

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -193 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros