Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Mércores 18 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Ana Rodríguez cólleo todo con pinzas

“Hai debate” (TVG, 23.15 h.)

Cultura 02/03/2009
  Envía a túa opinión

No fondo dalgún armario da casa gardo unha bolsa chea de xornais de información xeral e deportiva e case todos comparten os mesmos titulares: “O Deportivo, campión de Liga” e “Centenariazo no Bernabéu”. Aí levan gardados dende o día das grandes xestas deportivas e as noites de celebración, e poida ser que o día que os volva a abrir as súas páxinas estean tan amarelas e sexan tan fráxiles como as dun incunable. Algún pensará que non ten sentido gardar algo ao que non lle vas a prestar atención nunca máis, pero a xente non aprecia o suficiente o valor engadido que traen as vitorias nunha competición: a recreación. O bo de gañar non remata no momento de erguer a copa, a metálica se es capitán do equipo, ou a de cervexa se es da grei de afeccionados. O realmente estupendo é a licenza de por vida que che dá para fachendear e revisitar o momento de gloria unha e outra vez.


Samanta Villar: eu son a noticia

“21 días” (Cuatro, 23.15 h.)

Cultura 27/02/2009
  Envía a túa opinión

Dende que eu saín da facultade de Xornalismo, onde me aprenderon algunha cousa boa que de seguro xa esquecín, deben estar en reciclaxe constante e eu síntome como se quedase obsoleto. Por exemplo, nada me acorda sobre que un dos recursos para contar unha historia consistise en protagonizala un mesmo, mais esta modalidade informativa progresa adecuadamente no medio televisivo. Nos pseudo-informativos sensacionalistas de media tarde vemos de cote aos reporteiros correr diante dos toros dunha festa popular, tirarse ao auga para demostrar o fría que está, espirse se o reportaxe vai de ‘estritís’ e máis cousas polo estilo. Todo en aras da verosimilitude e como facéndolle ver ao espectador que o que alí pasa, o que nós contamos é de verdade porque o sentimos nas propias carnes.  


Dous cabalgan xuntos

“Million Dollar Baby” (Antena 3, 22 h.)

Cultura 26/02/2009
  Envía a túa opinión

Sería un tópico malo dicir dunha película de boxeo que provoca o mesmo impacto que unha puñada directa na boca do estómago, mais, por sobado, non se pode evitar empregalo cando falamos de “Million Dollar Baby”, que é unha longametraxe na que aparecen boxeadores pero que conta cousas máis importantes que un combate a trompadas. Clint Eastwood, o director do filme, é un tipo que non me gustaría coñecer: votante do partido republicano, reservado, aparenta ter o mesmo porte serio e malfadado co que encarnaba a todos os pistoleiros sanguinarios dos ‘italo-westerns’ de Sergio Leone ou a Harry Callahan, ese home do servizo de limpeza de maleantes que, alegrándose o día a base de axustizamentos, pasa para moitos por ser o maior fascista con placa que xamais apareceu pola pantalla.


Enjuto: o Platón da caverna de internet

“Muchachada Nui” (La 2, 23.50 h.)

Cultura 25/02/2009
  Envía a túa opinión

Miguel Induráin era un tipo grande, un xigantón encaixado de mala maneira sobre a bicicleta, pero, malia formar parte da mitoloxía deportiva contemporánea, o seu brillo encolle progresivamente conforme pasa o tempo e imos perdendo a inocencia. Ata que chegaron os lampiños sen complexos, como Nadal, Alonso, Gasol e compaña, o navarro dos cinco Tours pasaba por ser a maior gloria do deporte español, pero logo de todas as cousas que teñen pasado no ciclismo nestes últimos dez anos, a un dálle cousa falar de Induráin coa boca grande.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros