Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 21 de Abril de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

En "Crash" as persoas chocan como 'dummies' sentimentais

“Crash” (Antena 3, 23.30 h.)

Cultura 24/02/2009
  Envía a túa opinión

Que Penélope Cruz, metro e medio de estatura, gañase finalmente o Oscar de Hollywood, demostra que a Academia de Cine estadounidense si sabe premiar as cousas miúdas. Durante anos pensouse que os responsables dos premios máis célebres da industria cinematográfica, cuxa designación supón automaticamente varios millóns máis de recadación para a longametraxe afortunada, eran un exercicio de xigantismo. Cabalo grande, ande ou non ande, e aí están “Ben Hur”, “Titanic”, “Forrest Gump” ou “O Señor dos Aneis” para demostralo. Mais, ou os académicos están a ser sensibles á crise e coidan que cómpre reducir os fastos e que vale máis un Billy Wilder que un Cecil B. de Mille, ou lles entrou de súpeto unha sensibilidade “indie”.


Aplausos satisfeitos tras mentar á nai do árbitro

“Pelotas” (TVE, 22 h.)

Cultura 23/02/2009
  Envía a túa opinión

Hai unha temática narrativa á que os ingleses lle chaman o “slice of life”, que ven a ser algo así como “anaco de vida” ou, case máis exactamente, loncha de vida. Non consiste noutra cousa que en referir, ao natural, un momento concreto, sen artificio, da existencia das persoas. Postos a facer lonchas, o soño de José Corbacho sería facerse charcuteiro. O home co máis extraordinario gusto para os traxes de tres botóns que endexamais se teña visto, un auténtico terrorista do efecto “muaré” na televisión, agochaba un corazón sensible baixo todo o histrionismo que amosaba en “Homo Zapping” ou a grosería salvaxe en “Buenafuente”. Xunto a Juan Cruz forma un tándem cinematográfico que pretende ser como os irmáns Coen á española dirixindo películas de Ken Loach, isto é: algo de humor non convencional mesturado con crónica social e defensa das clases que máis apuro teñen para chegar a fin de mes.


“Resistiré, al ímpetu del viento”

“Luar” (TVG, 21.30 h.)

Sociedade 20/02/2009
 3 comentario/s - Envía a túa opinión

Estando como estamos en Galicia en campaña electoral, obrigatoriamente temos que falar dun espazo que chegou a formar parte dos programas prometidos polos partidos durante a campaña, tal é a súa relevancia social. Por momentos, hai catro anos, chegouse a crer que o síntoma máis notable do cambio de goberno na Xunta sería a liquidación de “Luar”, poida que o ‘show’ de máis éxito na historia da canle autonómica. Como adoita acontecer, en troques de preguntarse por que a xente ve o que ve, chegouse a pensar en que, para establecer un novo criterio do gusto televisivo, o mellor era tarifar os programas favoritos. Ata a mudanza en San Caetano, o gran bipartito galego era o de Superpiñeiro e Gayoso, que sobreviviron aos peores augurios e, ante unhas novas eleccións, seguen no sitio. E no caso do home do micro pegado ao queixo, facendo alarde.


Gallagher Bros.: “Semos perigosos”

“No disparen al pianista” (La 2, 23.15 h.)

Sociedade 19/02/2009
  Envía a túa opinión

En canto teño ocasión comento que a música en vivo en unha bendición na tele. Antano, en Tocata e outros programas post-movida dos 80 era case unha obriga, pero en canto as folclóricas comezaron a aceptar o ‘playback’ nas galas de José Luis Moreno e os seus monicreques, morreu a espontaneidade musical nun medio, a televisión, que, como é tan impúdico, ten alerxia á improvisación, non sexa que se vexa o que non hai que ver. Por todo isto celebro calquera espazo no que vexamos aos músicos arriscando a errar unha nota ou amosando que o que cantan non é produto só do técnico do estudo de gravación. Como os responsables da grella non se arriscan a programar concertos de pop, consideran que é mellor poñer unha ou dúas actuacións breves e cubrir o resto con trapallada diversa e chistes malos que son os que case arruinan “Banda Curta” na Televisión de Galicia, e que esperemos que non o fagan na edición renovada de “No disparen al pianista” que volve esta noite á grella.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros