Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 23 de Xuño de 2018

Programas > Músicas e Letras

Información do programa Novas do programa

Pórtico unifica servizos para investigadores e estudiantes

As universidades galegas lanzan un metabuscador con acceso aos seus recursos de información

Cultura 20/04/2009
  Envía a túa opinión

A comunidade universitaria galega, dende un só portal web,  xa dispón dun novo servizo de busca simultánea e recuperación de información, que indaga nos recursos do Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia (Bugalicia) combinados cos de cada unha das tres universidades. A plataforma denomínase Pórtico e xurde froito da cooperación entre os servizos bibliotecarios do Sistema Universitario de Galicia (SUG) máis o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia co financiacimento da Dirección Xeral de I+D da Consellería de Innovación e Industria.


Xelís de Toro naceu en 1962 en Santiago de Compostela

O Riofero de Xelís de Toro, apuntando ao corazón da literatura

Sociedade 19/04/2009
  Envía a túa opinión

Xelís de Toro é un posibel membro do Sindicato do Escritor Nervioso, un ente sen socios, onde o único directivo coñecido, é o tesoureiro que se fugou cos cartos que non había. Con Riofero, de Toro lánzase na compaña dunha curiosa tropa de personaxes na búsqueda do crisol da literatura, a maxia, o secreto talismán.


Miguel Anxo Fernán Velho formou parte do colectivo poético De amor e desamor

As estacións poéticas de Fernán Vello e Sofia Rhei en Madrid

Cultura 19/04/2009
  Envía a túa opinión

O luns 20 de abril, ás 20:00 horas na Casa de Galicia en Madrid, e dentro do Ciclo "Estacións poéticas-biloxías" que levará o título "Da primavera recén", o poeta Miguel Anxo Fernán Vello xunto coa poetisa Sofía Rhei ofrecerán un recital no que darán a coñecer a súa obra poética en galego e castelán respectivamente.


O trío de Manchester publica o seu cuarto disco, “Kingdom of rust”

Pombas sobrevoando a ferruxe

Cultura 16/04/2009
  Envía a túa opinión

“Kingdom of rust” (reino da ferruxe, en galego) é o título do cuarto e máis recente disco do trío británico Doves, e sintetiza a música da banda procedente dos suburbios de Manchester, capital británica do rock durante os últimos 30 anos. As pombas, os animais dos que tomaron o seu nome Jimi Goodwin e os irmáns Jez e Andy Williams, son aves que nunca voan lonxe do lixo das cidades. E das arelas cotiás dos urbanitas, atados a un escenario sucio e gris, pero que soñan cos grandes esperanzas, falan as cancións do grupo que, segundo a crítica inglesa, será un dos protagonistas de 2009 con este traballo no que compilan o aprendido na súa carreira.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -183 -184 -185 -186 -187 -188 -189 -190 -191 -192 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros