Publicidade Radio Fene
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Venres 20 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

Nos 80 había un Epi que durmía sen Blas

Buenafuente: especial baloncesto (La Sexta, 00 h.)

Sociedade 18/02/2009
  Envía a túa opinión

No bicentenario de Charles Darwin resulta triste que haxa creacionistas que neguen as teses da evolución das especies. Haberá quen non confíe na existencia de xirafas sen pescozo que tiveron que estirar como os cisnes para coller follas do alto das árbores, ou que desboten que os monos, que rascan o cú e sacan os piollos igualiño que nós, teñan algo que ver con esta especie lampiña e que se perfuma para disimular o cheiro a bravío. Pero quen precise probas de que as especies mudan co tempo, ten aí o baloncesto para que lle calen a boca.


Penélope e as tapas de tortilla e xamón

La niña de tus ojos (TVE, 22 h.)

Sociedade 17/02/2009
  Envía a túa opinión

Dende aquí lanzo unha advertencia: Kate Winslet, gárdate dos lugares escuros porque imos a por ti! Laiaraste de non de non saltar do Titanic para facer buceo acuático no fondo do mar xeado con Di Caprio. O cine español quere un novo Oscar e ti eres un atranco no camiño para a gloria do sex symbol planetario e ibérico, Penélope Cruz. E para que Pe gañe, poranse todos os medios posibles: por exemplo, programar unha sesión dobre de cine na televisión pública para fans da beleza miúda daquela adolescente que se tomou ao pé da letra iso de “La fuerza del destino” que interpretaba no videoclip de Mecano, cando Nacho e a súa mística a seduciron sendo aínda adolescente.


O baile non ten segredos para Terelu... e ela tampouco

¡Mira quién baila! (TVE, 22.15 h,)

Sociedade 16/02/2009
  Envía a túa opinión

Horas acumuladas de espera no perruqueiro, cando tiña máis pelo que cortar, e a afección dos meus pais a visitar o quiosco, de onde veñen dende que teño uso de razón puntualmente o xornal e unhas cantas revistas todas as semanas (e será por iso que nalgún momento trastornei e acabei por estudar unha carreira que che da licenza para esbardallar letras nun papel), fixéronme lector de prensa rosa moitos anos antes de que a crónica dos famosos fose o contido estrela da televisión. As revistas, como todo, teñen épocas mellores e peores: prefería “Tiempo” cando a dirixía José Oneto; “Rockdelux” era mellor con Rafa Cervera e Nando Cruz; “Fotogramas” xa é máis de mirar fotos que de ler; e o “Hola” trocou aos Grimaldi polos Janeiro e xa nada volveu a ser o mesmo: a fascinación glamurosa deixou paso ao ‘cutrerío’ ibérico, e con esa deriva terrible temos que aturar programas como “¡Mira quién baila!”, que hoxe remata.


"Ruta 66" (TVG, 22.10 h.)

Sociedade 10/02/2009
  Envía a túa opinión

A televisión é un lugar propicio para o paradoxo: abundan os programas feitos para xubilados, pero non hai nin rastro deles na pantalla, a non ser que aparezan sufrindo como público de plató, ese que cobran un bocadillo de ‘chopped’ e unha mazá por rostizarse como polos baixo os focos e bater as palmas como robots para animar a María Patiño cando cuspe carraxe contra Humberto Janeiro. O medio televisivo perde aos espectadores máis novos, que prefiren internet, e só os máis veteráns son capaces de aguantar horas diante da pantalla. Ademais, hai faixas da grella concibidas exclusivamente para eles: toda a mañá, gran parte da sobremesa e, sobre todo, a noite das fins de semana, porque non hai mozo menor de 30 que non pense que ficar un venres pola noite mirando para a pantalla na casa non sexa un sinal da fin dos tempos.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros