Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Luns 16 de Xullo de 2018

Programas > Televisión

Información do programa Novas do programa

"23-F: historia de una traición" (Antena 3, 22 h.)

Sociedade 09/02/2009
  Envía a túa opinión

Nos Estados Unidos, a chamadas teorías da conspiración téñenlles servido de sustento para non poucas películas. Da imaxinación paranoica desenvolvida arredor do asasinato de JFK ou os atentados contra as Torres Xemelgas saíron xa senllas películas de Oliver Stone, e hai por aí máis cintas que elucubran sobre o feito de que a xente do común somos monicreques nas mans do poder e que non sabemos da misa a media. Na ficción española, só agora as tramas conspirativas comezan a producir froitos. Como os medios son máis modestos, antes de fundir uns millóns de euros nunha longametraxe que a xente se tome despois a mofa, por comézase por un telefilme. Por exemplo, polo que emite Antena 3 esta noite e que se titula “23-F: historia de una traición”.


"Supernanny" (Cuatro, 21.30 h.)

Sociedade 06/02/2009
  Envía a túa opinión

Como hoxe vai un día tristón, de chuvia e frío, e teño o ánimo algo caído, vou aproveitar para darlle uns aloumiños ao meu ego persoal e subirme o ánimo. Como información para os que me escoitan e non me coñecen, debo dicirlles que eu son moi guapo, ou, polo menos, cando era pequeno era algo máis que resultón. Como sigo sendo a mesma persoa, supoño que, aínda que o disimule cun deterioro irrefrenable, algo daquela apostura do xardín de infancia permanecerá agochada en min. Vexo as fotos dos tres e dos catro anos e coido que entro na categoría de adorable. Pero direi aínda máis: era moi agradable. Collín as miñas perrenchas, como todos, pero téñome por un tipo afable e calmado dende que collín o chupete. Digo todo isto, porque se me ve a Supernanny, habíanlle tremer as trancas de gusto.


"Saturday night live" (Cuatro, 22 h.)

Cultura 05/02/2009
  Envía a túa opinión

Os mecanismos que fan funcionar a memoria e polos que ela decide que pasa pola súa peneira e que non, nunca os entenderei. Dos años da miña infancia esquecín case que todas as leccións importantes da escola, pero si conservo, como gravadas a lume, unha serie de cousas que son capaz de recitar do tirón malia que non lles poida sacar un gran proveito. Cousas que sei son, por exemplo: a lista das preposicións (a, ante, bajo, cabe, con, contra...); algunha oración de misa de cando ía á catequese; a aliñación titular dalgún equipo de fútbol; as cancións de Miliki; e algún dos mantras en inglés que repetía o xigante peludo Muzzy e que son cos que sigo sobrevivindo cando viaxo ao estranxeiro: “Hi, I’m Muzzy, I’m big, I’m clever”. Grazas a aquel curso para pequenos políglotas de recreo de escola, lembro os día da semana e sei que “Saturday” é sábado. A min acórdame, pero aos directivos de Cuatro non, porque en España o “Saturday Night Live” emítese os xoves. “Spain is different”, outra cousa que sei dicir en inglés e que cobra sentido para estas cousas.


"El día de la bestia" (La 2, 22 h.)

Cultura 04/02/2009
  Envía a túa opinión

Hai a quen lle dá risa a idea de que o demo habite entre nós, pero hai probas máis que abundantes da súa maldade. Os reloxos despertador con alarma, os horarios laborais, o fígado que nos daban a comer de pequeno ou os politonos para móbil con música de reggeaton son pequenas pistas da existencia do inferno na terra. Probada a súa existencia, enténdese a necesidade dos exorcistas, unha especie de servicio de limpeza da satanidade, ou de limpeza simplemente, porque entendo eu que alguén terá que ocuparse de recoller os restos de vómito que o posesos cuspen como máquinas de rego por aspersión cando tolean e lles dá por recitar o principio das Catilinarias.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -33 -34 -35 -36 -37 -38 -39 -40 -41 -42 -43 -44 -45 -46 -47 -48 -49 -50 -51 -52 -53 -54 -55 -56 -57 -58 -59 -60 -61 -62 -63 -64 -65 -66 -67 -68 -69 -70 -71 -72 -73 -74 -75 -76 -77 -78 -79 -80 -81 -82 -83 -84 -85 -86 -87 -88 -89 -90 -91 -92 -93 -94 -95 -96 -97 -98 -99 -100 -101 -102 -103 -104 -105 -106 -107 -108 -109 -110 -111 -112 -113 -114 -115 -116 -117 -118 -119 -120 -121 -122 -123 -124 -125 -126 -127 -128 -129 -130 -131 -132 -133 -134 -135 -136 -137 -138 -139 -140 -141 -142 -143 -144 -145 -146 -147 -148 -149 -150 -151 -152 -153 -154 -155 -156 -157 -158 -159 -160 -161 -162 -163 -164 -165 -166 -167 -168 -169 -170 -171 -172 -173 -174 -175 -176 -177 -178 -179 -180 -181 -182 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros