Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Sábado 20 de Xaneiro de 2018

Programas > A Base do Deporte

Información do programa Novas do programa

O Burela FS en pleno partido

A “Marea Laranxa” de Burela xa ten filme propio

Deportes 17/04/2009
  Envía a túa opinión

Marea Laranxa, este é o título dunha cinta que narra a historia do Club Deportivo Burela Fútbol Sala. Un vídeo que se estrea este domingo no auditorio da Casa da Cultura da localidade e que serve para homenaxear a un equipo que loita tanto en categoría feminina como masculina polo ascenso á división de honra, a considerada mellor liga do mundo nesta disciplina deportiva. O documental narra, a través de entrevistas, os acontecementos históricos que marcaron a traxectoria do Burela FS. Xogadores, afeccionados e directivos explican en primeira persoa o segredo do éxito da entidade deportiva baixo o seu punto de vista. Sorrisos, cánticos, celebracións, bágoas e decepción articulan os máis de 60 minutos desta produción, dirixidos por Martín García Rodil.


A capoeira pouco a pouco vaise implantando en Galicia

A capoeira, un deporte enmascarado en baile

Deportes 16/04/2009
  Envía a túa opinión

Naceu en África e desenvolveuse en Brasil. É un deporte, pero considérase tamén unha arte. De feito, combina arte marcial, con expresión musical. Falamos da capoeira, unha nova disciplina que pouco a pouco se vai implantando en Galicia grazas a xente como o profesor Xandinho que fundou en Ferrol o grupo Ayê Capoeira e que organiza estes días o V Encontro Internacional de Capoeira.


Exhibición de loita tradicional galega

“A Cambadela” recupera a loita tradicional galega

Deportes 15/04/2009
  Envía a túa opinión

A loita tradicional galega, un enfrontamento corpo a corpo no que a habilidade manda máis que a forza. Un xogo no século XIX e un deporte no XXI, ou polo menos iso é o que pretenden conseguir desde o Club de Loita Tradicional Galega "A Cambadela", radicado no ximnasio Shaolin da Estrada, que está a traballar en prol da súa recuperación.


Chano Rodríguez, o mellor nadador galego de todos os tempos

“Chano” Rodríguez, medalla de ouro ao mérito deportivo

Deportes 14/04/2009
 7 comentario/s - Envía a túa opinión

O nadador galego, Sebastián Rodríguez Veloso, máis coñecido como “Chano”, recibirá a medalla de ouro ao mérito deportivo o vindeiro 22 de abril. Chano está considerado o mellor nadador paralímpico do mundo grazas ás oito medallas de ouro, dúas de prata e tres de bronce acadadas nestes Xogos.

 

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -31 -32 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros