Publicidade Radiofusion
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Xoves 26 de Abril de 2018

Programas > Onda Rural

Información do programa Novas do programa

Só o 1,2% dos beneficios dos parques eólicos destinouse ao rural

Sociedade 06/04/2009
  Envía a túa opinión

Coa explotación da enerxía eólica o medio rural galego perdeu unha "oportunidade de ouro" para paliar os seus problemas. Esta é unha das conclusións da investigación arredor do impacto socioeconómico dos parques eólicos que está a realizar o Grupo de Economía Ecolóxica e Agroecolóxica da Universidade de Vigo. O programa Onda Rural recolleu as explicacións sobre este estudo da voz do seu responsable, Xabier Simón.


A industria láctea deixa sen recoller uns 300.000 litros ao día

Sociedade 02/04/2009
  Envía a túa opinión

A crise do sector lácteo centrou un día máis a atención do programa Onda Rural. O mes de abril comezou marcado pola decisión das distribuidoras de deixar de recoller o leite ás explotacións gandeiras e polo debate vivido no Congreso arredor das medidas institucionais que se deberían tomar para axudar a industria e produtores.

 


O queixo de San Simón da Costa está amparado por unha Denominación de Orixe

A Feira do Queixo de San Simón porá á venda esta fin de semana en Vilalba preto de 4.000 pezas

Sociedade 01/04/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Vilalba celebra esta fin de semana a XV edición da súa Feira do Queixo de San Simón. Daranse cita neste festexo máis de 80 stands nos que se porán a venda unhas 4.000 pezas deste produto galego de calidade. O secretario do Consello Regulador da Denominación de Orixe San Simón da Costa, Ángel Ramil, falou no programa Onda Rural sobre os actos preparados e as características do alimento homenaxeado.


Desde o colectivo encargan semanalmente cestas de produtos ecolóxicos

A Asociación Semente promove a agroecoloxía través do achegamento entre produtores e consumidores

Sociedade 31/03/2009
 6 comentario/s - Envía a túa opinión

Baixo o nome de Semente uníronse en Ourense un conxunto de persoas cun interese común: a agroecoloxía. Como consumidores, os membros deste colectivo procuran que os alimentos que mercan resulten saudables para o corpo e para a terra. Consideran que deben ter un vínculo máis estreito cos produtores para así axudar a manter vivo o medio rural.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -21 -22 -23 -24 -25 -26 -27 -28 -29 -30 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros