Publicidade Radiofusión
Praza do Concello s/n 15500 Fene (A Coruña) Galiza Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772
Fai de Radiofusión a túa páxina de inicioRSS   BOLETÍN   CONTACTO
http://www.wikio.es
Envíar a Chuza

Radiofusión: A programación das Radios Municipais Galegas

Hoxe é Martes 16 de Xaneiro de 2018

Programas > Comer en Galicia

Información do programa Novas do programa

A II Festa do Kiwi celébrase o vindeiro fin de semana

Tomiño sabe a kiwi

Sociedade 05/05/2009
  Envía a túa opinión

Dous kiwis pequenos conteñen máis vitamina C que unha laranxa. Esta froita presenta importantes concentracións de fibra, potasio e vitamina E. O seu sabor doce e agradable convirtea nun ingrediente importante para unha dieta saudable, sobre todo para os pequenos e pequenas. En Tomiño (Pontevedra) celébrase a vindeira fin de semana a II Festa do Kiwi. Esperan superar os 10.000 visitantes da edición do 2008.


Fotografía: Pablo Venegas

A riqueza gastronómica de Galicia

Sociedade 07/04/2009
  Envía a túa opinión

A empresa Conservas Portomuíños, da vila coruñesa de Cambre, especialízase en comercializar produtos mariños que o consumidor medio galego de cote toma por refugallos. Faino dende hai tempo coas algas e verduras de mar e agora vén de conquerir o éxito no Salón do Gourmet co seu paté de fígado de rape, un elemento do peixe que na cociña galega se desbota pero que en mercados como o xaponés ten a consideración de delicatessen.


Lotes de orellas examinados no certame

As mellores orellas, en Bertamiráns

Sociedade 17/02/2009
  Envía a túa opinión

Unha pastelería de Bertamiráns gaña o I Concurso de Orellas de Santiago e Comarca. As gañadoras, por unanimidade do xurado, foron as orellas da pastelería Miguel Ángel de Bertamiráns, seguidas das de Celma en segundo posto e Mollete en terceiro. Valoraron o sabor, textura, presentación e aroma dos 10 lotes presentados ao certame.

 





Martín Berasategui en Galicia

Martín Berasategui: A mellor carne do mundo procede de Galicia

Cultura 22/11/2008
 36 comentario/s - Envía a túa opinión

“Unha terra privilexiada e xente sensacional que a traballa”. Estas son as claves da grande calidade dos produtos alimentarios galegos, segundo Martín Berasategui. O afamado cociñeiro participou en Silleda na presentación de VAC.1, a nova marca de calidade para o vacún do país. Tralo acto, comentou nos micrófonos de Radiofusión que leva 20 anos traballando cos produtos da nosa comunidade, o cal considera “un orgullo para calquera cociñeiro”.

1 -2 -3 -4 -5 -6 -7 -8 -9 -10 -11 -12 -13 -14 -15 -16 -17 -18 -19 -20 -
Praza do Concello s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galiza - Tfno. 981 492 773 - Fax 981 492 772 Nota Legal
Actualidade Novas Axenda Podcast
Participa Fai Novas Enquisas Foros